lunes, 25 de mayo de 2015

XORNADA QUINTA DE COPA (Semifinais)

O pasado sábado 23 de Maio, o noso equipo disputaría as semifinais do Copa de Veterans de Santiago, enfrontándonos no campo de Cepelo (Negreira) o Regalos Trasnos (vixente campeón de Liga de División de Honra)
O encontro suporía a eliminación do equipo, privándonos, desta maneira, da disputa da segunda final (se os datos dos que dispoño nas miñas mans no me enganan ou non son erróneos) da historia do clube.
O marcador final sería de:
NEGREIRA VETERANOS 0 - REGALOS TRASNOS 2
Os membros do clube que se cambiaron para a disputa do partido foron: JUAN SOUTO, ALBERTO, DAVID, PONTE, GOLAN, AIRES, JANO, SANTI, PENA, CHITO, LUIS, IVAN, ALIJO, NANDO, MORENO, LIVI e PITU.


Dende este blog queremos salientar o gran esforzo do plantel (incluido corpo técnico e directiva) durante toda a tempada tanto na Liga coma na Copa, polo que só nos queda dar os PARABÉNS o equipo.

P.D. Despois do encontro o equipo disfrutou dunha cea no Restaurante Barqueiro, polo que nos próximos días subiremos as fotos da mesma.


No hay comentarios :