lunes, 4 de febrero de 2013

GALARDONADOS NA II GALA DO DEPORTE DE NEGREIRA


Se o ano pasado era a S.D. Negreira a que recollia o galardón a unha asociación na súa laboura a prol do deporte do noso concello, este ano foi ese mérito recoñecido á nosa Asociación.
Logo da S.D. Negreira que iste ano cumpre 50 anos, a nosa con 36 anos de historia ás nosas costas, ben sendo con diferenza a segunda en antiguedade. E maís mérito ten ainda cando trás dela non hai unha gran masa social que a respalde, se non que se trata dun grupo de xente que polo amor ó deporte que sempre practicou se siguen xuntando para poder disfrutar del cada fín de semán. Por este grupo de amigos pasaron e segueran a pasar miles de barcaleses e xente de concellos veciños, para os que sempre teremos palabras de agradecemento por ter formado parte desta familia.
O concello de Negreira sempre tivo en esta Asociación un aliado á hora de colaborar en canto evento deportivo se nos solicitou. Pero ainda se foi máis alo, e é de xustiza darlle a esta Asociación e a quenes por aquel entón estaban ó fronte da mesma, o mérito de selos artífices do que á postre sería un irmanamento institucional entre os pobos de Negreira e Serzedo, que naceu dende o deporte e das ansias de uns nicrarienses por facer patria máis aló das nosas fronteiras.
No noso ánimo está seguir a colaborar en todo o que boamente poidamos, para o fomento do deporte e para cos nosos veciños, e nesta liña pensamos continuar, exemplo delo foi o encontro benéfico realizado o ano pasado xuntos cos nosos grandes amigos do Agrón.
Para nós é un enorme orgullo formar parte da Agrupación de Veteranos de Santiago, da que a día de hoxe forman parte non so os equipos de veteranos (82), se non que tamén ten ligas de fútbol sala de veteranos e de rapaces, e tamén conta cun elenco de colexiados que non arbitran so en veteranos, se non que o fan en diversas ligas.
Ben!, pois esta Agrupación santiaguesa, comenzou con apenas oito equipos dos que formaban parte os veteranos de Negreira e que a día de hoxe tan so lograron sobrevivir un par de eles. Por todo elo fai uns anos tamén tiveron a ben dende a Agrupación rendirnos unha pequena homenaxe.
Non ansiamos éxitos deportivos, pois esos eran anhelos persoais de cada quen noutros tempos, tan so seguir a desfrutar do fútbol cada fín de semán, e manter viva a chama da ilusión por este deporte, e a de compartir cos amigos as experiencias que cando éramos xuvenís ou infantís xa sentíamos en cada encontro.

1 comentario :

chito dijo...

O mellor dos desexos para todos os membros pasados, presentes e futuros que forman esta gran familia¡¡ A seguir acadando éxitos :)