miércoles, 26 de septiembre de 2012

A V Andaina Popular de Negreira superouse en participantes

Preto de douscentos participantes tomaron parte o pasado sábado na quinta Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra-Muxía», percorrendo a pé, os 25 quilómetros do itinerario fixado entre a vila de Negreira e mailo alto dos montes da Pena, e regreso ata o campo dá feira.
Os tres primeiros participantes en cubrir o percorrido fixerono en 2 horas e 49 minutos, entre eles, o negreirés Iván Calvo Castro. Pero na proba –non competitiva-, houbo participantes que investiron ata sete horas, o máximo establecido pola organización.
O participante máis novo foi Cibrán Figueiras Teiga, de Negreira, e nado no ano 2006. Outra nena negreiresa de 8 anos, Andrea Laiño Lema, tamén compretou os 25 quilómetros dos que constaba a andaina, xunto co seu pai e o seu avó. O participante de maior idade foi Manuel Cid Piñeiro (1940), de Negreira.
Os camiñantes chegaron de toda Galicia, de lugares como Pontevedra, Padrón, Caldas de Reis, A Coruña, Paderne, Noia, Lousame, Sanxenxo, Santiago, O Porriño, Teo, Marín, Rianxo, Vilagarcía, Culleredo, Oleiros, Boiro, Porto do Son, A Estrada, Muros, Ourense, Naron, Ames, Val do Dubra, Frades, Cangas, Salceda de Caselas, e Vigo. Os concellos de Padrón (26), e de Ames (20), foron os que aportaron un maior número de participantes, trala representación local que alcanzou nesta edición os 43 veciños/as.
Paralelamente, desenvolveuse a primeira Marcha Infantil, de preto de cinco quilómetros a pé, pola paseo fluvial do Río Barcala, na cal tomaron parte unha trintena de nenos e nenas, acompañados polos seus pais e nais, quenes cubriron o traxecto entre o campo dá feira e mailo Refuxio de Covas, así como viceversa, e logo do cal disfrutaron de xogos inchables.
Sorteo
O gañador dunha estadía dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural «A Ribeira do Tambre», en Troitosende (A Baña), foi Manuel Montenegro Rodríguez, de Padrón.
Agradecementos
No capítulo de agradecementos, a organización que recae no Concello de Negreira, a través da Delegación de Cultura e Deportes, quere darlles as grazas pola súa colaboración a: Supermercados Gadis, Feiraco, Gar Sport, Panaderías Xallas, Radio Negreira, e Breogán Deportes, así como aos voluntarios/as que desinteresadamente fixeron posible levar a cabo esta quinta edición da Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra-Muxía».
FONTE: concellodenegreira.es

No hay comentarios :