lunes, 4 de junio de 2012

A CREMA-BAR ARRANCA CAMPIÓN DA COPA

O equipo da Crema/Bar Arranca gañou a Final de Copa disputada o pasado venres 1 de xuño no Pavillón de Pedra Mámoa ante o equipo de Benny Fhu por un tanteador final de 5 a 3.

O partido estivo sempre igualado, con moitas precaucións por parte dos dous equipos polo que o resultado o descanso reflexaba un empate a 1. Na segunda parte o equipo de Benny Fhu xogou a contra lanzando uns perigosos contrataques, marcando a falta de 4 minutos o 2-1 o seu favor. Nese momento o equipo de La Crema non tivo máis remedio que arriscar e xogar con porteiro xogador que a pesar de contar con superioridade, non era que de facerlle gol ó equipo de Benny Fhu e cada vez vía máis lexos a final.
Sin embargo a falta de 20 segundos nunha xogada embarullada na area de Benny Fhu os árbitros pitaban penalti por agarrón do porteiro a un dos xogadores de La Crema polo que se chegaba o final dos 40 minutos co equipo vermello a punto de tirar unha pena máxima. Jose Esparís encargouse de transformar o penalti que poñía o 2-2 final polo que o partido tiña que irse a prórroga. Na reanudación o equipo de La Crema saíu en tromba e marcou tres goles casi seguidos que poñía o 5- 2, finalmente o equipo de Benny Fhu nun doble penalti poñía o 5-3 final que facia campión de Copa o equipo de La Crema.
No partido polo terceiro e cuarto posto o equipo de Viajes Sant Yago foi moi superior o equipo de Siberet, controlando o partido en todo momento e manexando un marcador favorable sempre por unha renda de dous ou tres goles. Só o final un arreón do equipo de Siberet maquillou o resultado quedando en un 5-4 que deixaba como terceiro clasificado o equipo de Sant Yago.
Con este partido púxose punto e final a unha longa tempada, e invitamos a todos os equipos a participar na Liga 2012/13 que abrirá o prazo de inscrición en setembro. ¡¡ Boas vacacións!!

CLASIFICACIÓN FINAL COPA FUTBOL SALA 2012
4º Clasificado: SIBERET F.S.
3º Clasificado: VIAJES SANT YAGO
2º Clasificado: BENNY FHU
1º Clasificado: LA CREMA/BAR ARRANCA
FONTE: concellodenegreira.es

No hay comentarios :