lunes, 14 de mayo de 2012

Recoñecementos ós deportistas do noso concello

O Concello de Negreira ven de brindarlle unha recepción a tres novos deportistas do noso concello, polos éxitos acadados recentemente. Trátase de Melanie Suárez Agra, karateka e medalla de bronce en categoría alevín no Campionato de España Infantil celebrado en Alcobendas (Madrid), ademáis de campiona galega e provincia, e pertencente á Escola de Kárate Akai-Ryu. Xunto con ela, a súa compañeira e amiga, Alba Vázquez, subcampiona galega de kata en categoría alevín.

O terceiro deportista foi Luis Calvo Castro, que acadou o cuarto posto por equipos no Campionato de España de Duatlón celebrado en Soria. Luis Calvo pertence á disciplina do clube Arcade Inforhouse, de Santiago de Compostela.
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto, xunto co primeiro tenente de alcalde, Juan Rey Maceira, e maila concelleira de Sanidade, Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Cintia Picado Costa, recibiron aos tres deportistas e aos seus familiares e amigos, no Salón de Plenos da Casa do Concello, onde lle fixeron entrega dun agasallo en recoñecemento a súa traxectoria deportiva.

Fonte: concellodenegreira.es

No hay comentarios :