viernes, 4 de mayo de 2012

PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA

O vindeiro día 12 de Maio, o Servizo de Deportes da Coruña, da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de fútbol sala, organiza na Coruña o Campionato Provincial de Fútbol Sala, do Programa XOGADE (Xogos Galegos en Idade EScolar), nas categorias de Benxamín mixto, Alevín e Infantil masculino e feminino, correspondente á tempada 2011/2012.

Participando nesta competición os equipos que se clasificaron nas fases intercomarcais de Ferrol, A Coruña, Noia e Santiago.
A comarca de Noia está representada en categoría Benxamín e Alevín polas escolas deportivas municipais do Concello de Negreira, como campións da fase intercomarcal celebrada o pasado 14 de Abril na localidade noiesa.
En categoría Benxamín, as eliminatorias celebraranse no polideportivo de Monte das Moas, sito na rúa José María Hernansaez s/nº, 15011 - A Coruña.
A primeira semifinai será entre os conxuntos de Sol Bowling O Parrulo Ferrol F.S. e as E.F.Milladoiro"A", dará comenzo ás 11:00 da mañán. Na segunda das eliminatorias as E.D.M. de Negreira, xogarán contra o Colexio Liceo de A Coruña, ás 12:30.
Xa pola tarde disputarase o 3º e 4º posto ás 16:30, e a Final ás 18:00.
Os horarios para os encontros dos Alevíns son os mesmos que na categoría Benxamín. A primeira das semifinais, emparellou ós equipos de Mare Nostrum de A Coruña co E.F.Santiago . Os de Negreira disputarán a segunda semifinai ante o Xuventude de Narón. O igual que en Benxamíns quedarán para a tarde a final de consolación e a Gran Final. A sede de tódos estes encontros será o polideportivo de Labañou (ou Cocheras), que se atopa en Carretera de los Fuertes s/nº, 15008 - A Coruña, en fronte o centro comercial Os Rosales.
Entre a xornada matutina e a da tarde os equipos, terán un xantar no comedor universitario do Campus de Elviña.
Logo do remate da competición, e no mesmo polideportivo onde participou cada categoría, farase entrega dos trofeos e medallas, ós equipos participantes.


SEDE ALEVÍNS

SEDE DOS BENXAMÍNS
PLANO XERAL DAS SEDES


No hay comentarios :