jueves, 17 de mayo de 2012

CARA E CRUZ PARA JULIAN

O sábado viviu un descenso e o domingo celebrou unha permanencia
Julián Ferreiro, técnico do Negreira, viu como o equipo de veteranos no que compite dicía adeus á División de Honra
Julián Ferreiro, adestrador do Negreira, é unha institución no conxunto rojillo. Acaba de completar a súa quinta campaña á fronte do equipo e con anterioridade foi xogador e capitán na época máis gloriosa da entidade, cando chegou a Segunda B. Tras a súa retirada atopou refuxio no equipo de veteranos que compite na Liga da Agrupación de Santiago.
O pasado fin de semana, Julián Ferreiro xogouse a permanencia en dúas frontes, e saíu airoso nun deles. O sábado viu como o conxunto no que segue sacando brillo aos seus dotes de defensa central dicía adeus á División de Honra despois de catorce campañas consecutivas nesa categoría.
O domingo, en Vilalba, sufriu bastante máis que vinte e catro horas antes vestido de curto. O Negreira dependía de si mesmo para continuar en Terceira División, pero necesitaba gañar en Vilalba para evitar carambolas funestas polo carrusel de arrastres de Segunda B. Tiña o partido controlado, 1-3, a falta de dez minutos. Pero no tempo engadido empataron os chairegos. Ao final, bastou a igualada grazas á vitoria do Coruxo, a da súa salvación en Segunda B.

FONTE: lavozdegalicia.es

No hay comentarios :