lunes, 19 de marzo de 2012

BENXAMINS E ALEVÍNS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS CAMPIÓNS COMARCAIS

Os conxuntos Benxamín e Alevín, das Escolas Deportivas Municipais de fútbol sala, alzaronse o pasado sábado en Santa Comba, co título de campións comarcais da fase final da Liga de Fútbol Sala Escolar das comarcas de Barcala, Xallas e Muros.

Nunha vibrante xornada, nenos e pais, gozaron con cada instante dos catro partidos xogados. En semifinais, o equipo Alevín vencía por 8 goles a 3 ás Escolas do Concello de Mazaricos; e os Benxamíns facían outro tanto do mesmo co Amarelle por un axustado 3-2 final.
Xa pola tarde, disputábanse as finais: A primeira en xogarse foi á de categoría Benxamín co triunfo cómodo por 1-4 ante o conxunto do Portomouro, e inmediatamente despois, xogouse a de Alevíns fronte aos anfitrións das Escolas Deportivas do Concello de Santa Comba, correspondendo a victoria a Negreira por 2 goles a 6.
Agora, os dous equipos van preparar a súa participación na fase final intercomarcal que se vai a disputar no vindeiro mes de abril, en concreto o sábado 14, na localidade de Noia, de onde sairán os conxuntos que van participar na fase provincial.
Tamén compre sinalar, ca as rapazas do equipo do Cotón, recibiron as súas medallas que lle acreditan como subcampionas intercomarcais no apartado infantíl femenino, tralo clube Amarelle, de Santa Comba.
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :