jueves, 5 de enero de 2012

O Montañeros gaña nos despachos ós xuvenís do Negreira

A xueza única de competición, Inés Pequeno, estimou onte a tarde a denuncia por alineación indebida formulada polo Montañeros ante o partido de Liga Nacional Xuvenil que o enfrentou ó Negreira. Deste modo, o equipo que preside Fausto Vázquez suma dous novos puntos.
O partido sobre o que pesaba a reclamación finalizou con empate a un gol, un mal resultado para o equipo coruñés que finalmente poido enmendar no post-partido dos despachos.
O Montañeros basou a sua reclamación en que dous xogadores do Negreira saltaron ó terreo de xogo sin ter os 15 anos cumpridos, condición indispensable para poder tomar parte na competición. Ademais de establecer como resultado final do encontro o regulamentario 0-3, Pequeno impón unha multa accesoria ó clube de Negreira de 150€ e a suspensión por dous meses do delegado nicrariense. Estas duas sancións están impostas no seu grado mínimo debido a que non existen agravantes.
O Negreira non presentou alegacións á denuncia.
ENLACE Á RESOLUCIÓN

No hay comentarios :