lunes, 16 de enero de 2012

Negreira Veteranos 2 - 1 Mirador de Padín

Parece que o novo ano 2012 pode ser o da confirmación do bó momento de forma do noso equipo pois á victoria acadada a pasada semana en Boiro hai que sumar os tres puntos conseguidos este sábado ante o Mirador de Padín, por certo un dos mellores equipos da categoría pero que agora se sitúa tanto só con cinco puntos máis que nós.
Con esta victoria son xa catro os partidos gañados de forma consecutiva, algo inaudito na historia do noso clube aos que hai sumar sendos empates previos ante o River Silleda e o Baleato & Baleato que nos sitúan, recén comezada a primeira volta, no posto oitavo da clasificación con vinte puntos.
Sen embargo, non foi fácil a victoria ante os de Ribeira. De entrada, contabamos coas baixas dos Cousos, máis coñecidos últimamente como os Dalton, o cal non é pouco xa que os dous pero principalmente Chaka está nun momento de forma impresionante. Tampouco asistíu Paco co que Carballo tirou de improvisación (ou máis ben do único co que contaba) e colocou a Capi e a Moreno nas bandas con Santi e Mario na dianteira. Nesta ocasión o equipo saíu con catro na defensa co que o Mr. abandoou temporalmente o sistema que tan bós resultados nos deu nos últimos partidos.
Na primeira parte, defensivamente, o equipo non estivo mal salvo a xogada do gol no que a fortuna aliouse certamente co equipo visitante. Un balón perdido no medio do campo que o extremo esquerdo soupo levar a trancas e barrancas e, axudado por dous rebotes e unha parede dun compañeiro, finiquitou cun tiro que Juán non soupo atallar.
Dende o punto de vista ofensivo as xogadas foron sempre con balóns largos e centros de lexos cos que tanto Santi como Mario non podían facer outra cousa. Non houbo grandes xogadas de perigo aínda que o Mirador tampouco inquietou máis dende a xogada do gol.
A segunda parte sería outro cantar. O equipo visitante, segundo o tempo se ía consumindo, empezou a dar por válido o resultado e deste xeito empezou a mover o balón, algo que por certo fan bastante ben. Ao noso equipo non lle quedaba outra que tirar de pundonor e garra e comezamos a incrementar a presión sobre a portería rival. O primeiro gol veu da única maneira da que podía ser. Un balon colgado dende a banda esquerda que se convirtíu nunha complicación á altura do punto de penalti onde Julián atopou petróleo e soupo levar o balón ata o fondo da rede.
Este gol a quince minutos do final do partido desencaixou ao Mirador que non contaba co empate a esas alturas do partido. O Negreira, que nese momento estaba in crescendo, seguíu coa presión e cinco minutos máis tarde sería Mario quen se aproveitaría dun centro, tamén dende a banda esquerda, e cun disparo raso dende o borde da área lograría o 2-1 co que remataría o partido. Antes dese remate aínda tivemos que soportar estoicamente tanto os arreóns do Mirador nos últimos dez minutos nos que en varias ocasións tentaría o empate como as polémicas decisións do árbitro ao que se lle complicaría o partido debido a varias xogadas quentes froito da tensión.
Ao final, conseguimos que os tres puntos se quedaran na casa e agarrarnos como garrapatas a esa oitava posición que agardamos mellorar daquí a fin da temporada. O vindeiro sábado visitaremos a cancha do USC onde tentaremos seguir coa racha de victorias e de paso romper as máis pesimistas previsións de dous meses atrás que nos auguraban un descenso seguro.
Esta racha de victorias traíu tamén consigo a tranquilidade tanto aos socios como aos dirixentes que xa empezaban a mover os fíos do mercado de inverno para reforzar o equipo, algo que de terse materializado, sería moi criticado pola inoportunidade de facelo en tempos de crise.

4 comentarios :

WEBMASTER dijo...

Tan so unha puntualización a tua gran crónica , na tempada 2007-2008 tamén tivemos 4 victorias consecutivas , asique se gañamos o USC si que superariamolo record .
Por outra banda nas tempadas 06-07 e 07-08 estivemos invictos durante oito xornadas consecutivas , nesta de momento son 6 polo tanto outra meta é a de puntuar nas tres seguintes para establecer un novo record .

Cronista dijo...

Pareces o mesmísimo Mr. Chip. Tes un estado na cabesa...

Anónimo dijo...

así me gusta, bienvenido de vuelta don cronista que te echabamos de menos, eres un crack de la pluma

Cronista dijo...

Había problemas cos cobros pero xa están arranxados. En canto o Director General soupo do asunto, solucionouse ao instante!