Marta Gómez conqueriu un extraodinario TERCEIRO POSTO EN KUMITE CADETE -47KG no III Trofeo Teresa Herrera Feminino , mentrás que Carla Rodríguez, que ia representar a Galicia en Kata por Equipos, non poido competir ó non poder desprazarse ata A Coruña unha das compoñentes do seu equipo, Natalia Casal (de Narón), por motivos personais.
A competición de ámbito interautonómico, contou coa participación das mellores karatecas de Castela-León e Castel-A Mancha e Madrid nas categorías cadete, junior e sub-21. Xunto coas deportistas galegas, enfrontáronse nas modalidades de Kata por Equipos e Kumite Individual.
O combinado galego acadou o primeiro posto ao ser quen obtivo un maior número de ouros na
competición, superando na clasificación á selección madrileña clasificada en segundo lugar.
As medallas de ouro foron obtidas por:
-Kata por Equipos: Noelia Coriñas Expósito, Rebeca González Vilar e Lara Abelleira Yáñez,
todas elas do Club Shihan de Lugo.
-Nerea Bellido Echebarrieta do Club San Francisco Teo en Kumite Sub-21 +60 kg.
-Carmen Mª Peña Caaveiro do Club Renbu-kan de Ferrol en Kumite Junior -53 kg.
A actuación das deportistas galegas completouse coa obtención de 5 medallas de prata e 6 bronces
distribuídas do seguinte xeito:
-Noa Aldrey Vázquez do Renbu-kan de Ferrol: prata en Kumite Cadete -47 kg.
-Laura Paz Miramontes da A.D. Galaika de Santiago: prata en Kumite Cadete +54 kg.
-Raquel López Rodríguez da A.D. Galaika de Santiago: prata en Kumite Junior -59 kg.
-Ruth Lorenzo Couso do Club San Francisco de Teo: prata en Kumite Sub-21 -60 kg.
-Alba Tajuelo Ferrer do Grupo Bazán de Ferrol: prata en Kumite Sub-21 +60 kg.
-Marta Gómez Vieites do Akai-ryu de Negreira: bronce en Kumite Cadete -47 kg.
-Paula Vilariño Gasamáns da A.D.Galaika de Santiago: bronce en Kumite Cadete -54 kg.
-Lucía Calviño Queijeiro do L.N. de A Coruña: bronce en Kumite Cadete +54 kg.
-Antía Parcero Suárez da A.D. Galaika de Santiago: bronce en Kumite Junior -59 kg.
-Laura Benedicto Insua do Renbu-kan de Ferrol: bronce en Kumite Junior -59 kg.
-Sabela Couso Viana do Club San Francisco de Teo: bronce en Kumite Junior +59 kg.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)

No hay comentarios :
Publicar un comentario