domingo, 29 de enero de 2012

JORGE CRESPO NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O I Cross de Compostela e Campionato Galego de campo a través foi para Lolo Penas , seguido de Pedro Nimo e  Hassan Lekhili . O gañador da proba , que constaba de 10435 metros , parou o crono en 34.15 , mentrás que o noso veciño Jorge Crespo empleou un tempo de 37.34 , o que lle supuso rematar na posición 22 , dun total de 151 atletas que completaron a proba .
Jorge foi peza fundamental para que o seu equipo , o Atletismo Sar , acadase o bronce por equipos , trás o potentisimo equipo Ourense Atletismo-Academia Postal que foi o gañador , e do segundo o equipo de Sociedad Gimnastica de Pontevedra .

No hay comentarios :