sábado, 14 de enero de 2012

EXITOS NO CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Saida dunhas das probas . Imaxe xentileza concellonegreira
Este pasado venrés celebrouse en Negreira o Campionato Comarcal de campo a través , cunha nutrida representación de rapaces de varios concellos limitrofes co noso . Colaboraron coa organización deste evento tanto o concello de Negreira como o instituto Xulián Magariños , que unha vez máis está opiando o deporte local .
Cabe destacar que lamentablemente non tivemos moita representación por parte dos atletas locais , xa que so competiron os que cursan estudios no instituto . A pesar de todo , os escasos atletas que participaron da nosa localidade deixanron unha vez máis o listón moi alto , como xa demostraran na pasada carreira popular de Negreira .
Así na categoria Cadete feminino Marta Fajín acadou o segundo posto , mentrás que na mesma categoria no apartado masculino coparon o podium a excepción do máis alto do caixón os nosos deportistas , pois Alberto Camaño foi segundo , mentrás que Adrian Freire remataria na terceira posición .
A boa saude do noso atletismo queda patente unha vez máis , magoa de que non poidesen participar todos os nosos deportistas nesta disciplina .

No hay comentarios :