viernes, 20 de enero de 2012

Dimite Francisco Lens, presidente deo Clube Ciclista Negreira

O Clube Ciclista Negreira, que foi fundado a finais do 2008 por quince aficionados ó ciclismo, podería ter os días contados trala dimisión do seu presidente e principal patrocinador, Francisco Lens Esperante, quen convocou para este venrés, ás oito e media da tarde, no bar Imperial, unha asamblea extraordinaria para elixir novo presidente. A falta de axudas económicas, ó non contar con patrocinadores, levou ó equipo xuvenil a aceptar a oferta do Clube Ciclista Carballo para que se incorporasen os deportistas negreireses as suas filas, onde recalaron xa Adrián, Álex, Joel e Adán, de cara á tempada que comenza no mes de marzo. Paco Lens sinala nunha carta enviada ós socios que pese a rebaixar as cuotas á mitade para incrementala masa social, so dez persoas accederon a continuar no clube, polo que tivo que «desembolsar máis diñeiro do previsto para cubrir o continuo déficit», afirma, como por exemplo para a compra dun coche.

No hay comentarios :