

O próximo 14 de xaneiro celébrarase na cidade de A Coruña a terceira edición do Trofeo Teresa Herrera de Karate Feminino. Esta competición organizada pola Federación Galega de Karate, constitúe unha iniciativa de especial singularidade pois é a única do panorama nacional que ten por obxectivo a promoción do karate feminino.
Nesta edición o campionato contará coa participación das seleccións de Madrid, Castela-León e Castela-A Mancha, que xunto coa Selección Galega competirán nas modalidades de Kata por Equipos e Kumite Individual, nas categorías Cadete, Junior e Sub-21, que agrupa a deportistas con idades comprendidas entre os 14 e 20 anos.
A Selección Galega estará integrada por un total de 24 deportistas procedentes de clubs dos concellos de A Coruña, Ferrol, Narón, Santiago de Compostela, Teo, Negreira, Carballo, Lugo e Vigo. A participación total estímase nunhas 60 deportistas.
A Selección Galega agarda revalidar o premio ao mellor equipo obtido na edición anterior. A competición terá lugar no Pavillón do Barrio de Las Flores da cidade herculina e comezará ás 16:30 horas .
En concreto as nosas deportistas competirán en Kata por equipos cadete-junior Carla Rodríguez Fernández e en Kumite individual cadete -47 kilos , o fará Marta Gómez Vieites .
FONTE : federación galega de karate .
No hay comentarios :
Publicar un comentario