O presidente da Sociedade Deportiva Negreira, José Manuel Ramos Freita, fixo entrega ó alcalde de Negreira, José Blanco Pazos, e en presenza do concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto, dunha camiseta oficial asinada por tódolos futbolistas do primeiro equipo de Terceira División, nun acto celebrado no despacho da Alcaldía, en agradecemento á colaboración que ven prestando o Concello de Negreira coa principal entidade deportiva do noso municipio.
A S. D. Negreira loce esta tempada por toda Galicia nas súas camisetas, o slogan «Descubre Negreira», xa que o Concello converteuse no principal sponsor do equipo.
FONTE : concellodenegreira.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario