O pasado día catro de Decembro celebraronse o Campionato provincial e a Copa Deputación de A Coruña . Unha vez máis os nosos karatekas acadaron un bo número de entorchados , e así no Campionato Provincial a escola Akai-Ryu conqueriu en Alevín Feminino a 1ª praza con Melanie Suarez Agra e sendo 2ª Alba Vazquez Corzón , e na categoria infantíl masculino sería Manuel Gómez Vieites o que quedaria na 3ª posición .
No tocante á Copa Deputación de A Coruña , sumaronse ós éxitos para os de Negreira os alumnos do clube O Coto , sendo na modalidade de Kata Cadete masculina onde José Carlos Carballo Gonzalez e Alexis M.Sieiro Rodriguez conquerirían a 3ª praza . En Kata Cadete feminina o Akai-Ryu faríase coa 1ª praza da man de Carla Rodriguez Fernandez , á que a acompañaría no podium a outra compoñente deste clube , Marta Gómez Vieito . E os éxitos na modalidade de Kata vironse ampliados co 3º posto de Iris García Bardanca do O Coto en Junior feminino .
Na disciplina de Kumite continuouse cos bos resultados , e así Marta Gómez Vieites (Akai-Ryu) , foi 3ª en Cadete feminino -47 Kg. e na mesma categoría pero de -54Kg. Paula Viñas Romar (O Coto) sería tamén 3ª . José Carlos Carballo Gonzalez (O Coto) en Cadete masculino de -52 Kg. remataría na 1ª posición .
Na categoria Junior feminina de +59 Kg .do Kumite O Coto copou o Podium salvo a primeira posición , con Cristina Vidal Suarez no segundo peldaño do mesmo , e rematando terceiras Tania Mayo Mendez e Iris García Bardanca .
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)

No hay comentarios :
Publicar un comentario