lunes, 17 de octubre de 2011

Restaurante Rivadabia 2 - 2 Negreira Veteranos

Así coma nos partidos xogados ata o momento destacamos máis polas nosas debilidades que polas nosas virtudes, hoxe teño que loubar o pundonor amosado polo equipo ante o Rivadabia nun partido no que de seguro faríamos máis dun millonario de formar parte da quiniela desta fin de semana.

O partido disputouse no campo de Airiños, na Ulla, baixo unhas condicións pouco favorables para as facultades dos veteranos. O calor, abafante por momentos, fixo temer pola saúde de máis dun ante a posibilidade certa de que fose víctima dun golpe de calor ou de episodio de deshidratación. Para máis inri, o noso míster únicamente podía contar cos efectivos apretados para xuntar un equipo pois por diversos motivos faltaron Paco, Nando, Basante II, Capi, Ponte, Juán, Pedraza, Manolo, Rafa, Sergio e Suso de Niñarelle. Ante este panorama, Carballo non tivo que dubidar moito para configurar o equipo aínda que sí para ubicarnos correctamente. Na esquerda da defensa situouse Pitu, pola dereita Moreno e no medio Suso botándome unha man. No medio Carballo ciscou a Alijo, Julián e Santi. Nas bandas xogarons os Cousos e arriba Mario, Por certo, os dous irmáns Berdullas defenderon ambas porterías.

Aínda que o equipo empezou sen moitas expectativas pola nosa parte, curiosamente na primeira xogada do partido logramos adiantarnos. Aos quince segundos de partido, o Rivadabia cometeu unha falta no medio do campo. A falta foi botada por Pitu e Mario encargouse de peinala con tan boa sorte que Berdullas senior pouco puido facer a pesar da altura da que disfruta. Case ninguén daba crédito a este resultado e coido que o Rivadabia confiaba en darlle a volta en pouco tempo. Polo que respecta a nós o único que podo dicir é que non só estabamos dacordo con esta percepción senón que incluso temíamos que o equipo local se ensañara por tentar facerlles fronte. Para os que descoñezan esta categoría hai que dicir que o Rivabia ten un dos mellores equipos xa que logrou desfacerse de cargas accesorias que tiñan e por outro lado fichar a xente competente tanto técnica como físicamente.

Ante este panorama, obviamente o Rivadabia empezou a tocala e a marcar o ritmo de partido e pronto acadou o empate. O partido chegou ao descanso xa con vantaxe local froito do dominio do balón aínda que, todo hai que dicilo, sen demasiadas ocasións claras de gol. De feito, nesta primeira parte, Mario tivo ata dúas ocasións claras para volver a enchufala e os Cousos estiveron especialmente rebolideiros aínda que non acertados nos últimos metros.

A segunda parte foi outro cantar. O equipo, sen variante tácticas pois os efectivos cos que contabamos non o permitían, plantouse seriamente na faceta defensiva e aguantou as acometidas do rival que non chegou con claridade en ningun momento. Pola contra, aínda que claramente en inferioridade de medios, tanto Julián como Santi conectaban unha e e outra vez cos extremos. Couso non soupo acabar unha xogada que él mismo empezou no medio do campo na que sorteou a canto rival lle saíu ao paso.

O Rivadabia enganouse cando deu por asegurado o resultado e nós medramos na adversidade. A cinco minutos do final, éste que vos fala aproveitou un saque de banda efectuado por Santi sobre á área rival rematando á rede ante a incredulidade da parroquia local que se tiraba dos pelos pola indolencia da que fixeron gala. Foi un excelente colofón a un partido no que tácticamente estivemos a unha grande altura e no que o equipo amosou un gran pundonor e disciplina.

Difícilmente se pode destacar a alguén nun partido no que o resultado foi froito dun excelente traballo colectivo. Pitu e Moreno estiveron inconmensurables en defensa, Suso amosouse infranqueable, Julián e Santi foron auténticos valladares, Alijo (logo de ter superado certos problemas de ventilación) multiplicouse en defensa e en ataque. Ivan foi unha dor de cabeza para os defensas así como seu irmán co que seguro algún defensa soñou pola noite. Mario ben puido facerse acreedor dun hat-trick e Berdullas foi un auténtico muro nas poucas xogadas nas que tivo que intervir.

O próximo sábado visitará Cepelo o Cuntis e logo pola noite degustaremos un xabarín no Arranca ao máis puro estilo dos Galos Astérix e Obélix. Parece que as cousas empezán a mellorar en tódolos sentidos. Quizáis pronto poidamos contar aquí a primeira victoria desta temporada e empezar a deixar o posto de pechacancelas que non estamos habituados a ocupar.

1 comentario :

el nuevo nº 6 dijo...

sobran las palabras, gesta impresionante la que hicisteis el sabado, mi enhorabuena a los 11 magníficos!!! como bien dice nuestro crónista, esto tiene que empezar a funcionar en el aspecto depórtivo,ya que creo que en el aspecto humano es inmejorable; ahora a recuperar a la gente, ganar al cuntis y celebrarlo cunha enchenta.