Reamatou con éxito de participación e cun gran nivel de xogo amosado polos participantes o torneo de fútbol 7 da sociedade deportiva Negreira das categorias Benxamín e Alevín .
Na categoria Benxamín o campión foi o Estrada ó impoñerse ó equipo de Cee , mentrás que en Alevíns foron os de Santa Comba os que se fiseron co torneo logo de gañar unha disputada final cos de Lesende .
Os Alevíns de Negreira comenzaban a xornada cun empate a tres goles ante os de Lesende , xa no segundo encontro caerían pola mínima 0-1 , ante os que á postre serían os campións . Esto deixaba supeditado a unha victoria no derradeiro encontro e esperar o resultado do Santa Comba -Lesende , cumpriron os locais ante o Villestro ós que venceron po 4-1 , pero o resultado do outro encontro non acompañou e fixo que os de Negreira non poidesen clasificarse para as semifinais .
E canto os máis pequenos da S.D. Negreira , estes comenzaron cunha victoria por 4-2 ante o Lesende , para caer derrotados logo ante o Bertamiráns por 4-5 , xa no derradeiro encontro da primeira fase ante os de Esteiro se deron un festín de goles gañando por 10-2 . Pasaron así ás semifinais como primeiros de grupo , enfrontandose o segundo do grupo B que era o Cee , comenzaron cun 0-2 en contra que pesou como unha lousa , ainda así superonse repoñer e conqueriron empatalo encontro , pero outros dous tantos no tramo final do partido dos visitantes impediron o pase á Gran final dos de Negreira . A final de consolación a disputaron ante o Lesende ó cal derrotaron claramente acandando finalmente a terceira posición do torneo .
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario