domingo, 13 de marzo de 2011

NEGREIRA VETERANOS 9 - 1 METAL NOIA

Tremendo atracón o que nos pegamos este sábado ante o faroliño vermello da categoría, o Metal Noia, ao que sen embargo hai que recoñecerlle o xogo deportivo do que fixo gala todo o encontro.

Un resultado que fixo que máis dun afeccionado se fregase os ollos ante a orxía goleadora do noso equipo. Goles de todas as facturas, as mais deles, en xogada de contraataque plaxiando vilmente o sistema de Mourinho. As entradas de Paco, Nando e Chaka fixeron auténticos boquetes na defensa visitante unha vez que se logrou abrir a lata.

Nembargantes e paradóxicamente foi o Metal Noia quen gozou de ocasións clarísimas que Juán logrou atallar perfectamente. Isto foi nos primeiros quince minutos onde os dianteiros visitantes lograban conectar, ben por acertos deles ben por erros na nosa defensa, e poñer en apretos a Juán.

Entre Nando, Paco, Mario repartíronse os goles entre o que destacaríamos o séptimo obra de Nando nun disparo dende fora da área que se colou por toda a escadra.

A reacción local ante as primeiras acometidas do Metal Noia produciuse logo da implantación do sistema promulgado por Suso que predica a presión sobre o rival ante a saída de balón. Isto provocou numerosos roubos de balón que levaron o perigo á portería rival e fixeron que ao descanso xa levaramos un 0-5 arrollador.

Os cambios na segunda parte non fixeron mermar a capacidade goleadora do equipo aínda que as faltas cometidas cerca da nosa área déronlle folgos ao equipo visitante que lograría o tanto do honor nun bote directo dende fora da área. Este resultado tan abultado minou o ánimo visitante aínda que non a súa filosofía pois seguirían tentando sacar o balón controlado dende atrás ata o final do partido que finalmente remataría con victoria por 9 a 1, un resultado que a parroquia local non acorda que se repetira. De seguro que o amigo Zarco poderá remexer na nosa estatística e confirmar este dato.

Obviamente este atracón fixo que na cea que logo celebraríamos no refuxio de Cobas reinara o bo ambiente aínda que se botaron en falta as mulleres para escorrentar o frío e así disfrutar máis do equipo HI-FI que amablemente trouxo Antenas. Pódovos asegurar que tiña máis solera o artefacto que a música que reproducía e iso que o máis moderno que sonou foi o Mira Maruxiña de Xil Rios.

Por último, hai que ver a presión na sección BTTranos que fai que homes feitos e dereitos controlen a inxesta de calorías ata un extremo que raia no delirante. As ansias por non conceder vantaxe ao rival fixeron que Cobas e Zarco mantiveron unha dura pugna por atopar un equilibrio entre o que supón o comportamento dun Veterano diante dunha mesa de comida. Que si a carne ten moita proteína e moita graxa, que se o viño ten moitos sulfitos, que se rosca tiña moito sucre,… en fin, que hai moita mariconada na sección BTTrano. Hai que deixarse de caralladas e volver á modalidade festín medieval aínda que reventemos no pico da Muralla..

Por certo, este domingo ausenteime na saída habitual dos domingos para participar coa familia na I KDADA FEMENINA organizada por Isa dos Esfolarros de Brión, un grupo cojonudo que se desfixo en atencións para que todos os participantes disfrutáramos dun espléndido día de ciclismo. Un auténtico éxito de organización que agardemos que se siga repetindo en vindeiros anos.  Quizais poidamos no futuro plaxiar a idea e animar ás nosas conxéneres a que suban á bicicleta.

2 comentarios :

Anónimo dijo...

VAIA PARTIDAZO,e vaia golazos mais bos,basi as mulleres tamen tiñan a sua labor tela cama quente para cando voltarades....que por moi bo equipaso de musica que tuverades calefaccion non habria e non podian estar en todos lados....

Anónimo dijo...

GRAN TRABALLO DO MISTER¡TENOS DOMINADOS A TODOS¡¡¡asi se fai¡¡¡