Por fin o equipo parece que está empezando a entonarse e son xa tres partidos seguidos ganando, algo inaudito non xa esta temporada senón nas tres últimas.
Moito que ver no resultado final foi a conexión Jano-Paco froito da cal se crearon dous goles que xunto ao de Mario fixeron que o Recambios Arturo mordera o lixo no municipal de Cepelo.
Empezou ben o partido porque aos dez minutos foi Jano o que logrou perforar a portería visitante por primeira vez. As internadas de Paco pola banda dereita fixeron tamén estragos nestes primeiros corenta e cinco minutos e o seu par non era quén de paralo. De feito sería o bravo interior nicrariense quen cinco minutos máis tarde acadaría o segundo gol logo de roubarlle a carteira a un defensa visitante.
Aínda así o Recambios Arturo tamén tiña pólvora e en varias ocasións conseguiron romper a liña de fora de xogo dos nosos defensas e plantarse cerca da área de Berdullas que soupo atallar cantas batidas lle fixeron. Suso soupo mover o banquillo adecuadamente para dar respiro á xente máis castigada físicamente e de paso facer que todo os xogadores se amosen implicados pois saben que sempre poderán axudar ao equipo coas súas achegas.
No inicio da segunda parte co marcador xa con vantaxe de tres goles entrarían Carballo, Ivan, Chaka e Suso que lograron que o equipo mantivera o mesmo tono e intensidade. Está claro que cando as cousas saen ben todo parece máis fácil.
Finalmente o gol do Recambios foi unha anédocta aínda que por momentos planearon sobre Cepelo vellas pantasmas e o equipo pasou por certos agobios por espazo de dez minutos que foron resoltos con solvencia pola defensa e por Berdullas que estivo realmente ben.
Os outros resultados da xornada ademais foron benévolos cos nosos intereses pois o Rosalía que estaba relativamente cómodo entrou agora na guerra por fuxir dos postos perigosos. Pola nosa parte esta victoria sitúanos a un posto do ecuador da táboa clasificatoria. Aínda así non debemos confiarnos porque nas vindeiras xornadas tocaranos lidiar cos cocos da categoría polo que o próximo partido contra o Pepe Noia se nos antoxa como decisivo para asentarnos na zona morna da táboa.
Ente os destacados da xornada cabe mencionar a Suso que estivo incisivo no ataque ligando moi ben con Chaka e, como non os cracks do equipo, Jano, Paco e Nando que son os nosos “xugóns” particulares.
Por último mencionar outra das actividades na que participamos algúns dos Veteranos que foi a primeira edicion da clásica BTT de San Blas. Ante todo felicitar á organización que correu a cargo da Comisión de festas de Ceilán que con poucos medios lograron atraer a moitos afeccionados á BTT. O calendario de actividades amósase así moi esixente para os Veteranos que agardemos que non nos pase factura ao longo da temporada. Podedes ver na nosa web http://negreirabttranos.blogspot.com/ as fotos da xornada así como os comentarios do Bttrano Zarco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
3 comentarios :
Basi na acta figura Paco como autor de dous goles ¿estás seguro que o 1º foi de Jano?
Pareceme que desde que está Suso Iglesias como adestrador o equipo está máis comodo, Soname coma o Madrid, non xogades se non tedes un adestrador que vos guste.... "Mercenarios"
Que volva a ilusión do banco, ALFONSO
anonimo, ahí falaches ben, é a ilusión do banco porque xogar, xogar xa non estaba para moita cousa, poderías chamarche tamén a ilusión da taberna, que era onde marcaba os goles...
Publicar un comentario