Esta semana andivo revolta nos ambientes futbolísticos da Barcala. Todo empezou nada máis rematar o partido en Bembibre a pasada semana aínda que boa parte do plantel non se enterou da nova ata este mesmo sábado. O Mr. Cobas que dirixiu os designios dos Veteranos de Negreira nas últimas dúas tempadas decidíu renunciar ao posto de adestrador. Este ano a Directiva deulle poderes totais e respaldo en todas as decisións para tentar que seguira ao frente do cadro técnico pero a presión da categoría pudo máis e na mesma noite do domingo unha chamada a Suso, un dos capitáns do equipo e un dos xogadores con mais peso no vestiario, sorpresivamente certificaba a renuncia a un cargo nun momento no que se percibia que o control do grupo era total. Nalgúns mentideiros se achacou durante a semana que esta decisión foi froito dun enfrontamente cun algun xogador, algo que foi rápidamente desmentido polas partes afectadas.
Esta decisión trastocou os plans da Directiva que rápidamente peinou o mercado e logrou chegar a un acordo con Gerardo para as dúas próximas campañas. Os números da operación gardáronse en total secreto e en todo caso parece que o acordo é satisfactorio para as dúas partes pois o técnico volve a dirixir un equipo na división de honor, algo que sen dúbida vai supoñer un estímulo para él. Sorpresivamente e, aínda que se esperaba unha xornada de transición na que Suso faría interinamente as funcións de trainer, foi Gerardo o que xa decidíu tomar as rendas dende o primeiro partido e dirixíu xa aos novos pupilos dende o banquillo local.
Dende o plano táctico non houbo grandes cambios aínda que sí asignacións distintas no campo a algúns xogadores que tiveron que adaptarse aos novos requerimentos do técnico. Houbo moitas rotacións que provocaron algúns momentos de desconcerto no equipo pero en xeral tamén houbo moita implicación e aplique físico dos xogadores.
E aplicando a máxima de que a novo entrenador victoria segura, o equipo logrou impoñerse por primeira vez esta temporada ante un equipo, o Mirador de Padín, que practica un bó futbol e que seguro quedará ben situado na táboa ao remate da temporada. E iso que houbo que sofrir para sair victoriosos pois, aínda que o equipo sempre logrou ir por diante no marcador, o equipo visitante apretou enormemente en fases decisivas do partido e a piques estivo de estragar o estreno do novo entrenador. Como dicía, o equipo tivo un enorme derroche físico colectivo non exento tampouco de certos doses de calidad. Nunha combinación de ambas, Paco nunha internada pola súa banda natural logrou plantarse diante do porteiro visitante e fusilalo logrando adiantarse no marcador aos dez minutos de partido.
Sen embargo, a calidad do Mirador logrou pouco a pouco adiantar filas e lograr o empate antes do descanso. Na segunda parte a calidade foi cousa de Nando e sobre todo Jano que trouxo de cabeza aos defensas visitantes. Precisamente nunha xogada levada polo propio Jano e por Paco chegaría o gol que, parecía, podía ser o definitivo. Aínda teríamos tempo de matar o partido nun balón estrellado no longueiro tras unha internada de Jano e tamén nunha xogada na que Nando, só diante do porteiro e sorprendentemente, non soupo terminar a xogada.
Sería o Mirador quen poñería o empate a falta de oito minutos para o final do partido. Pero o Negreira non se rendíu e Paco logrou o gol que, á postre, sería o definitivo a oito minutos do final.
Como punto negativo hai que resaltar os goles encaixados polo equipo en dous partidos (6), algo que haberá que tentar corrixir nun futuro próximo. Esta será sen dúbida un dos retos do novo entrenador que tamén deberá consolidar a súa posición no vestiario, algo que se espera facilite a vella gardia do equipo. Máis importante que os coñecementos tácticos ou técnicos, son o respecto á esencia dos Veteranos no que deberá ser adoctrinado pola Directiva que é a punta de lanza do grupo.
Destacar a aportación das novas fichaxes. Jano está causando sensación neste arranque de temporada e Rafa é un xogador polivalente que descarga de traballo aos compañeiros do arredor. Moi ben tamén Mario que tivo que batallar co central todo o partido e levou máis dunha dentellada nos nocellos. Sergio está a consolidarse no lateral dereito e Pitu tamén aporta seguridade alá onde lle toca desenvolver o seu papel.
En definitiva, percíbinse boas vibracións no equipo e de seguro que en canto se logre pulir algún que outro defectiño, estaremos dando guerra como non pode ser doutra maneira.
Dende esta atalaia queremos rendirlle un pequeño tributo ao traballo de Cobas, un auténtico Veterano con letras maiúsculas que sempre transmitíu o mellor de sí mesmo para sacar o mellor do grupo aínda que non sempre fora esa a súa percepción. Todos somos en parte culpables da súa marcha. A todos nos gusta xogar a entrenador. Todos temos moi claro quén debe xogar e quén falla. Todos nos permitimos xulgar aos compañeiros sen ter en conta que ningúen está libre de culpa nunha derrota. Quén é capaz de tirar a primeira pedra? Qué pode estar seguro de que non foi súa a culpa naquel partido?
O que ten poder ten responsabilidade. O que ten responsabilidade equivócase. E non todo o mundo está disposto a equivocarse. Gracias Cobas por equivocarte. SEMPRE CHE LEVAREMOS NO CORAZON. Agora desfruta como un peñista máis.
Así viron o encontro os nosos amigos do Mirador de Padín (pincha no enlace de abaixo) :
http://veteranosmiradordepadin.blogspot.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
1 comentario :
O SEU TRABALLO E DEDICACIÓN FOI SEN LUGAR A DUDAS IMPRESIONANTE , AGORA TOCALLE DISFRUTAR DENDE A GRADA , E SELO XEFE DE FILAS DO EQUIPO CICLISTA QUE A NOSA ASOCIACIÓN ESTÁ A FORMAR . A BO SEGURO QUE LLE SERÁ MÁIS FÁCIL ESCALAR O TOURNALED QUE LIDIAR CON TODOS NÓS .
AGORA A NON COMETELOS MESMOS ERROS CO NOVO MISTER E VOTARLLE TODOS UNHA MAN .
Publicar un comentario