jueves, 8 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DO MUNDIALITO DE NEGREIRA

Un total de dazaseis equipos ou seleccións, pertecentes a Negreira, Santa Comba, Bertamiráns ou Teo, tomarán parte este venres día 9 de xullo no I Mundialito Infantil de Fútbol 3 Vila de Negreira, a disputarse nunha cancha especial de herba artificial e hinchable, de 21 por 12 metros que se vai a instalar na polideportiva do parque do Coto, dentro das actividades das festas de San Cristovo.

Onte tivo lugar a súa presentación, e mailo sorteo de equipos e indumentarias das réplicas de cada selección do Mundial, nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello, e presentado polo xornalista deportivo da Televisión de Galicia, Terio Carrera, xunto co responsable de Mastercrak Equipamentos Deportivos, Roberto Feáns, e maila presenza do alcalde negreirés, Jorge Tuñas, xunto con concelleiro de Deportes e Xuventude, José Antonio Suárez Pérez.

Os partidos de vinte minutos cada parte, e cun máximo de cinco xogadores por equipo, comenzarán o venres, ás dez da mañá, momento no que deberán presentarse tódolos participantes para recollelas súas camisetas. A semifinal está programada para as sete do serán, e a gran final, ás oito.
FONTE : WEB CONCELLO DE NEGREIRA

No hay comentarios :