miércoles, 2 de junio de 2010

REMATE DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA

Rematou a segunda volta da competición regular da Liga de Fútbol Sala de Negreira que da paso esta semana á fase final da Copa. Na Primeira División, o equipo amiense de Don Budi revalidou o titulo de campión con Casty Romer en segunda posición, e Café Bar Mayca como terceiro clasificado.

Na Segunda División a extraordinaria traxectoria do mesón Os Arcos, de Negreira, deulle o campionato hais emanas con dez puntos de vantaxe sobre o segundo, o Construccións Quintáns. En terceira posición quedou o conxunto do Restaurante Tamara.

O trofeo ó porteiro menos batido en Primeira recaeu en Jesús Nieto Barreiro (Don Budi), e na Segunda División foi para Juan Souto García, de Mesón Os Arcos.

No apartado de máximos goleadores, o xogador do Bar Muiño de A Baña, Iván Gómez Carro con 32 dianas, levouse o preciado trofeo na Primeira División. Na Segunda recaeu en Marcos Almozara Mayo, de Os Arcos, empatado a 22 goles con Pablo Pazos Rey, do Tecnoloxías Plexus.

Entrega de trofeos

O último acto da temporada de Fútbol Sala de Negreira celebrarase este sábado día 5 de xuño, coincidindo coa xornada final da Copa no pavillón polideportivo de Pedra Mámoa. Ese día vanse a entregar os trofeos da Liga e Copa, una vez disputada a final programada para as oito da tarde.
FONTE : WEB CONCELLO DE NEGREIRA

No hay comentarios :