domingo, 13 de junio de 2010

COMIDA FÍN TEMPADA 2009-2010

Este sábado celebramos a comida de fín tempada , nun escenario inmellorable como é a área recreativa de Cobas . Ó evento que se iniciou ás 14:00 asistiron directivos , xogadores , peñistas e o noso alcalde Jorge Tuñas , ademáis estivo presente un equipo de produciones audivisuales 7tv , que disfrutaron con nós dunha xornada que se lembrará moito tempo pola gran organización e fantástico ambiente reinante .
A reportaxe que esta productora realizou emitirase na segunda semán de xullo na televisión de galicia , ainda está por concretala data exacta , e da cal xa daremos cumplida información .
O menú a cargo dos chefs Antenas , Alfonso , Suso e Milos ,estivo composto por chourizos caseiros , panceta , pimientos de "Lañas" , berberechos "pirrotos" e cochinillo ó Olimpio , de postre degustaríamos rosca larpeira , logo o café e os chupitos , para rematar con barra libre e as acostumadas partidas de tute e poker , non faltaron á cita as animadas tertulias.
Trala comida entregaronse os trofeos desta tempada que foron para Alijo , como máximo goleador , Mario terceiro clasificado do Podium , Suso segundo clasificado e Julian como gañador do Podium , trofeo que destaca ós xogadores máis regulares da tempada . O trofeo a xarra , que premia ó máis asiduo ós eventos dos veteranos recaeu en Cobas . Os agasallos pola dedicación o equipo foi para os dous xogadores en activo que máis tempadas atesouran ás súas costas e que son Carballo e Suso . Se queres seguir lendo esta nova e velas fotos dalle ó + de abaixo .

Logo douse paso ós discursos onde o alcalde de Negreira comentou o gran ambiente de amistade e confraternidade existente , e que por riba dos resultados deportivos , ainda que importantes , estaba o que o noso equipo estaba a conquerir que era reunir a un gran grupo humano para disfrutar de momentos como iste .
Logo o directivo Javier Ferreiro , quiso dalas gracias ó alcalde polo esforzo de estar entre todos nós , e a presencia dos peñistas , xogadores , resto da directiva e patrocinadores .
Finalmente o presidente alma mater e máximo responsable do Negreira veteranos Daniel Dopazo "Milos", manifestou que estaba moi orgulloso de que o noso equipo non pare de medrar , logo duns anos dificiles , onde parte dos que alí estaban superon tirar do carro para consegir que hoxe en día o noso equipo sexa unha gran peña con preto de oitenta persoas unidas polo fútbol e a amistade , e desexa que todos os que alí estaban seguisen o vindeiro ano aportando cada un o seu gran de area dende o cometido que dentro desta maquinaria tan ben engrasada , están a desenrrolar , en clara alusión á persoa que ó parecer non se atopa con forzas para seguir ó frente da dirección técnica da plantilla a tempada que ven , pero que polo alí manifestado por todos debe facer un esforzo pois ten o apoio de tódolos estamentos do equipo , sendo a persoa ideal para desenrrolar dito cometido .
Contamos coa actuación dun cuarteto de mariachis , composto por dous dos nosos xogadores Mario e Alfonso e dous peñistas Pepe e Corzán , que deleitaron ós alí presentes cun recital digno de Broadway . Estes músicos están a compoñer o himno do noso equipo , do cal esperemos a súa pronta estrea .
A xornada douse pechada ás dez da noite , ainda que a maioría , que ainda se sentian con forzas e gañas de prolongala xornada , despazaronse a Negreira para seguir polos locais da vila coa festa .
Aquí podedes ver parte das imaxes inmortalizadas polo famoso mundialmente fotógrafo "Basi" , que as cediu gratuitamente ó noso equipo .

No hay comentarios :