O equipo de fútbol sala do BarÇa adestrou na matinal do xóves no pavillón municipal de Pedra Mamoa de Negreira , para preparar o segundo encontro de cuartos ante o Lobelle.
O gañador desta eliminatoria pasará ás semifinais , e xa que no encontro disputado en Barcelona venceu o equipo de Santiago , ós cataláns so lles queda darlle a volta á eliminatoria tentando de gañalos dous encontros a celebrarse no Multiusos fonte do Sar .
O Lobelle quere facer valer o factor cancha , e para elo pretende que o ambiente sexa similar ó da copa de España .
Preto de cincuenta rapaces das escolas deportivas de fútbol sala de Negreira asistirán , xunto cos seus adestradores , ó encontro de mañán venrés , para apoiar dende a grada ó equipo de Santiago . Esto ben a ser un pequeno premio ós pequenos xogadores da nosa comarca , que están acadar tan bos resultados nas competicións de deporte escolar nas que participan , ó mesmo tempo que poderán ver en primeira persoa ós xogadores da mellor liga do mundo . Un espectáculo que a bo seguro recordarán por moito tempo .
Foto : Radio Negreira
No hay comentarios :
Publicar un comentario