O deporte da comarca de Negreira está de noraboa logo de que o duatleta Luis Calvo Castro lograse un máis ca meritorio oitavo posto final no Campionato de España de Duatlón Cros disputado este pasado fin de semana en Cáceres.
Luis Calvo asinou un tempo final de 1 hora, 19 minutos e 37 segundos en compretar un percorrido de seis quilómetros a pe, vinte en bicicleta e outros tres novamente a pe.
Luis competiu unha vez máis nas filas do equipo compostelán do Arcade Inforhouse que acadou o quinto posto na clasificación final por equipos neste Campionato de España, en grande parte grazas a boa actuación deste deportista da parroquia de Logrosa.
FONTE : web do concello de negreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario