O pasado sábado tivo lugar no pavillón de Pedra Mámoa a xornada de clausura das Escolas Deportivas Municipais, deste ano 2010. Un total de 350 nenos e nenas recibiron unha merecida homenaxe polo traballo e mailo esforzo realizado durante os sete meses que duraron as escolas.
En primeiro lugar recibiron o seu agasallo os nenos das Escolas de Atletismo e Predeporte e Multideporte, e a continuación realizaron unha demostración os alumnos do clube de kárate O Coto, que realizaron diferentes exercicios de kata e kumite, así como unha pequena demostración de rompementos.
De seguido, foron os nenos de patinaxe quenes realizaron unha coreografia de patinaxe artístico chamado “Espertares¨, para dar paso ó Clube Universitario de Esgrima que foi un dos deportes convidados para dar a coñecer ó público presente como é esta disciplina olímpica.
Unha das actividades máis aplaudidas foi a coreografia das nenas de Ximnasia Rítmica que fixeron unha montaxe chamada “Os dálmatas”, e que deu paso ós outros dous traballos de patinaxe co nome de “Misión imposible” e “Patinando baixo a choiva”, que deron continuación a entrega de agasallos para os alumnos da escolas de tenis.
Con esta entrega chegouse o ecuador da xornada que tivo a reanudación co primeiro dos encontros de fútbol sala entre o equipo de Negreira e o de Os Miudos, de Muros, na categoría benxamín, que continuou coa exhibición de Baile Deportivo da Escola Seymer e mailo resto de encontros de fútbol sala en categoría prebenxamín e alevín, e máis un partido de baloncesto.
Por último o equipo de fútbol sala feminino facía a súa presentación ante o público de Negreira, xa que empezaban esta tempada 09/10 a adestrarse no Pavillón de Pedra Mámoa.
Durante o acto fíxose entrega ós monitores Marcos Pérez (patinaxe), Abel Pérez e Luis Zarco (fútbol sala), Manuel Porto (baloncesto), David Loira (ximnasia rítmica), José Manuel Estevez (atletismo e multideporte), Irma Oroña (predeporte), Jesús Mariño, Juan Mesejo e Manuel Villar (tenis), dun agasallo de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e da concelleira de Cultura e Educación, Maria Xesús Veiga Hortas como recoñecemento a súa labor nas Escolas Deportivas 09/10.
Tamén tiveron un presente Juan Berrayarza e Carolina Vázquez (C.D. O Coto de karate), Víctor Suárez (C.D. Seymer), e Xose Piñeiro (C.D.U Santiago de Compostela).
Durante a clausura tamén se fixo unha mención especial a tres deportistas negreireses que conqueriron distintos logros durante o ano en curso. En concreto recibiron a súa homenaxe Carla Rodríguez e Jose Carlos Carballo que representaron a Galicia no Campionato de España de Kárate en categoría xuvenil no mes de abril, e Martín Darriba Crespo, campión provincial en 50 e 1.000 metros lisos, na categoría benxamín e na modalidade de pista .
Pódes ver aquí as fotos da clausura :FOTOS
Fonte:Web concello de Negreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario