jueves, 11 de marzo de 2010

GRUPO JUNQUERA 2 - LA CREMA 2

O Grupo Junquera non foi quen de explotar o factor cancha ao seu favor, asinando o pasado sábado un empate a 2 na visita do La Crema-Negreira a Fontecarmoa. Nun encontro sen dominador, o cadro visitante despregou un fútbol sala moi directo que ben lle puido ter reportado o triunfo. Tras desperdiciar Sesar un penalti no minuto 18, atrapado polo porteiro rival, o Junquera adiantouse da man de Fran no inicio da segunda parte, para ter que rematar remontando cun gol de Gelabert no minuto 36, só 2 despois de encaixar o 1-2. E iso, cun home máis tras a expulsión por dobre amarela do visitante Nacho.
FONTE : LA VOZ DE GALICIA . ES

No hay comentarios :