domingo, 14 de marzo de 2010

BERTAMIRÁNS 1 - NEGREIRA 4

O único paralelismo do partido disputado este sábado no municipal de Bertamiráns co da primeira volta foi o resultado pois en canto ao xogo houbo un abismo. Se en Negreira, o Berta inquedounos en varias fases do partido e incluso chegou a adiantarse no marcador, nesta ocasión estivo en todo momento á nosa merced.

E iso quedou claro dende o inicio do partido. Nando, Mario, Alfonso e incluso Moreno campaban ás súas anchas polo campo. Especialmente activo estivo Alfonso que nos últimos encontros veu como era criticado por parte de varios afeccionados e incluso dende instancias do propio equipo. A xulgar polo visto o sábado, queda claro que se trata de críticas infundadas de incomprendidos do fútbol que non saben apreciar o valor da calidade futbolística deste xogador. Só os grandes deste deporte saben ve-lo fútbol coa claridade necesaria para, por exemplo, intuir que Mario fallaría un remate claro de gol a bocaxarro e, tras o rechace do porteiro, acadar o primeiro gol do partido.

Tamén debemos destacar a Moreno que emulou ao mismísimo Sergio Ramos pola banda dereita. Froito dunha internada súa foi o segundo gol nun malentendido dun defensa local e do porteiro que soupo aproveitar o bravo xogador visitante.

O Bertamiráns amosou en todo momento un señorío digno de eloxio pois a pesar da superioridade do Negreira non caíu no xogo violento nin na desesperación e sempre tentou xogar o balón dende atrás. Desexámoslle sorte no que resta de temporada onde o ten moi difícil para permanecer na división de honra dada a posición que ocupa. Non tan difícil o temos nós pero tampouco debemos caer na euforia e pensar que somos uns fenómenos porque o vindeiro partido nos visitará o Rivadabia que está a loitar polo campeonato xunto co Maderas Ramos e o Hermanos Couto de Boqueixón.
De ter ganado o partido co Rosalía teríamos moito andado pero lamentablemente a páxara que tivemos foi fina.

3 comentarios :

Cronista dijo...

Amigo Zarco. Non reparaches en que o resultado da crónica do partido non está ben. Por se non o sabes... o sábado pasado gañamos!
Xa sei que pode resultar difícil de creer..

Anónimo dijo...

deixemonos de nanditos, susitos, juliancitos,.... VOLVE O FUTBOL!!! recuperamos a un futbolista que vale o que "pesa",un home que gaña partidos, un xogador distinto,un xogador que cando colle o balon pode pasar algo, odiado e temido polos rivais, é o noso "CR9" benvidos ó espectáculo, con ustedes "BCRRO22".

Anónimo dijo...

Para o que busca excusa para sair da casa pode valerlle calquera,pero para os que queren ver algo de futbol de adultos non pachangas"esta ben pero un equipo de veteranos que contan con algun bo xogador que ainda daria moitas tardes de bo futbol gustanos velos en accion dando todo,...