O goberno municipal de Negreira leva investido un total de 1.056.450 euros para dotar ao noso concello dunhas instalacións deportivas acordes aos tempos, especialmente tendo en conta o elevado uso que se fai delas por parte dos veciños e veciñas de Negreira.
Entre as melloras realizadas destacan as do campo de futbol de herba artificial de Cepelo, que inclúe a construcción dun novo peche en todo o seu perímetro, instalación dun novo alumeado, ou remodelación dos antigos vestiarios. Tamén no campo de futbol Xesús García Calvo, fixose despois de longos anos a necesaria acometida eléctrica para suministrar corrente ás catro torres de iluminación.
Na piscina descuberta do Coto, remodelaronse os dous vasos e mailos vestiarios; mellorouse a contorna da pista polideportiva do Coto, colocando unhas bancadas e acondicionando unha pista de chave cuberta.
No comprexo polideportivo municipal de Pedra Mámoa, as dúas pistas de tenis foron obxecto dunha profunda reforma, tanto coa instauración dunha nova superficie como a colocación dunha moderna iluminación.
En canto ao pavillón de deportes de Pedra Mámoa, recibiu un dos maiores investimentos mediante a sustitución da vella cuberta que filtraba auga da chuvia, e mailo pavimento de xogo e vestiarios, sendo as instalacións que máis mudaron de faciana.
A estas actuacións hai que engadir a próxima construcción dunha nova pista de tenis no comprexo polideportivo de Pedra Mámoa por un importe duns 52.000 euros, e que servirá para que os numerosos afeccionados á práctica deste deporte dispoñan dunha maior oferta para practicalo.
A esto hai que engadir distintas actuacións e equipamentos que se fixeron nas pistas das parroquias como a de Bugallido, Campolongo ou Pesadoira.
FONTE : WEB CONCELLO DE NEGREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)

No hay comentarios :
Publicar un comentario