Por fin chegou a primeira victoria deste ano 2010 logo de encadenar varios empates e algunha que outra derrota dende aquel partido fronte ao Automic Barbanza disputado antes das festas do Nadal. E foi precisamente fronte a un rival directo na disputa por evitar o descenso. Cabe comentar a volta de Julián logo da baixa obrigada na xornada anterior por mor do nacemento da súa primoxénita. Desexámoslles a él e a Yolanda moitas felicidades por esta feliz noticia e agardemos que logo a vexamos animando ao seu pai no municipal de Cepelo.
Por contra, a parte deste que vos escribe, faltaba o pundonor de Santi con rotura de frebas, a loita de Suso ausente por sanción e Capi por motivos laborais.
O partido non empezou ben para nos porque o equipo alineado por Cobas na primeira parte non logrou atopar o seu sitio no municipal de Calo. Pretendía deste xeito dar un toque de atención aos xogadores que chegaron demasiado xustos para o partido. Sin embargo, esta medida disciplinaria estivo a punto de causarnos un serio disgusto pois o USC tivo ata catro ocasións claras diante da meta defendida esta vez por Juán.
A liña medular non lograba facerse co control do balón e na dianteira faltaba o empuxe suficiente para poder chegar con perigo á meta rival. Por se fora pouco, a defensa pasaba bastantes apuros ante as acometidas dos rivais. Paco pola esquerda e Dani pola dereita apretaban constantemente aos laterais que se vían obrigados continuamente a saír da súa demarcación. Pouco a pouco, os cambios efectuados por Cobas foron mellorando o nivel de xogo e xa na segunda parte Alijo foi quen de inaugurar o marcador.
Os irmáns Couso, xunto con Paco e Nando que estivo máis solto na segunda parte, foron os que fabricarons os outros dous goles aínda que o USC chegou a empatar logo dun arreón. Compre destacar tamén na defensa a Julián e a Ponte que realizou un magnífico partido.
Partido correcto do árbitro con erros como de costume aínda que non de tanta envergadura como algúns quixeron facer ver. Ao final unha gran victoria que valeu para distanciarse cinco puntos e que de paso servíu para meter ao Mirador de Padín na guerra do descenso. Tamén servíu para que non tiveramos que pagar o magnífico cocido que tivemos ocasión de degustar no Mezquita onde Juan Outeiro se erixíu en protagonista da velada ante a ausencia de Alfonso de viaxe, ao parecer, por prescripción médica.
Tamén Manolo, Mario e Moreno amenizaron a noite cos seus cánticos tribais unha vez que os efluvios etílicos e os fumes de Pituramix fixeron o seu efecto.
O vindeiro sábado descansamos (aínda que non teñamos moita falta) xa que hai copa. Reanudaremos as nosas andanzas ante o Rosalía o 6 de marzo ante o Rosalía noutro choque de vital importancia para confirmar a liña ascendente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario