Empezamos a entrar nas quinielas….
Chegaba este sábado, neste caso ao monumental da Penerada en Agrón, o Mirador de Padín necesitado de puntos (igual que nós) para fuxir deses postos malditos relacionados co descenso. A priori o día non era o máis propicio pois como todo mundo sabe o Entroido en Negreira ten un color especial pero afortunadamente este ano as baixas que tivemos non foron debidas a don Carnal.
O qué sí armou un bo entroido foi o árbitro Montero pois tintou o partido cun barniz que non lle acaía moi ben pois que houbera dous expulsados cando non houbo unha mísera patada… é significativo.
Na primeira parte controlamos o partido razonablemente ben atallando ben as acometidas do Mirador aínda que con pouco punch en ataque. Alijo tivo a fortunta de inaugurar o marcador.
Xa na segunda metade ocorreu a xogada que supuso un punto de inflexión no partido. Nunha ocasión clara do equipo visitante o árbitro entendeu como pancada(i), algo que en realidade foi un simple caída. Claro que o verbo caer non sempre se interpreta do mesmo xeito: Seguro que os do Mirador de Padín dirán que o seu compañeiro dianteiro caíu porque este cronista lle deu por atrás (por se acaso aclaro que non era o meu tipo) mentras que os do noso equipo, eu mesmo incluído, pensan máis ben que caíu a propósito pero no que todos estamos dacordo é que o amigo Pera (ínclito que caíu) debeu caerlle en gracia a Montero e deste xeito caéulle do ceu ou caéulle das nubes un penalti que dende logo non caeu en saco roto xa que servíu para que ao Negreira lle caera o primeiro gol. Probablemente será descabellado pensar que o árbito caera da burra ao ver caer de bruzos a Pera e tamén será impensable que lle vaia a caer o pelo pero o que sí é certo é que caeu en desgraza tra-lo malo arbitraxe desta xornada. A realidade da película é que Pera caeu trastabillado él solo ou ben tras bater co meu xeonllo pero en ningún caso porque lle caera unha patada procedente da miña perna.
Como vemos, a interpretación do verbo caer é moi diversa e Montero non atinou coa acepción correcta. Sexa como fora, este cronista non se librou da expulsión. O equipo resentíuse (aínda que non pola miña ausencia) e o Mirador animouse tra-lo empate, consecuencia do penalti.
Afortunadamente Nando adiantou novamente ao equipo aínda que Montero volveu a liala expulsando tamén a Suso por doble amárela nunha xogada que nen sequera deberá ser sancionada con falta.
Deste xeito, xa con nove xogadores no campo, o empate non tardaría en chegar e dende logo tornouse á postre como o mellor resultado á vista dos acontecementos aínda que nos minutos finais Paco e Alfonso tiveron unha última ocasión.
O vindeiro sábado teremos outra final en Calo ante o USC que esta xornada non sumou.
Por certo, quero lembrar que parece que a Directiva mantén a oferta de sufragar a cea que teremos o sábado no Mezquita no caso de que sexamos capaz de sumar os tres puntos. A por eles!
(i)Golpe dado con vara segundo Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano
4 comentarios :
No echarle la culpa al árbitro,quien marca los goles y tienen que correr son los jugadores y ahí el entrenador le tiene que meter más caña,pero no de cerveza,porque alguno no puede ni con el alma.Hay que espabilar sino ya os veo con los superveteranosjajajajajajaj
totalmente de acuerdo basi, montero se cargó el partido él solito, justo cuando estaba perfectamente encarrilado. la verdad es que no me gusta hablar de los arbitros, pero no tenemos suerte con este, y lo peor es que no creo que lo haga a proposito, sino es que es malísimo.
aparte de eso tenemos que espabilar en el próximo partido, para que el cocido baje con alegría, que ahí si que somos el mejor equipo.
pd- gracias a carballo por invitar a el equipo.
Teremos que facerlle un detalle a Carballo logo pola invitación. Non está ben que nos presentemos sen nada. Ponte, encárgate tí de levar unhas galletas Campurrianas. Seguro que no chinero hai algúnhas.
seguro que tengo algunas por alguna habitación, además el "padrino" que ahora es padrino de verdad se comprometio a pagar unha ronda de chupitos, así que ya tenemos postre campurrianas con chupitos
Publicar un comentario