viernes, 5 de febrero de 2010

CAMPIONATO GALEGO SENIOR DE KÁRATE EN NEGREIRA

Mañán Negreira acollerá o campionato sénior galego de kárate
O pavillón de Pedra Mámoa volverá a concentrar a centos de karatekas e simpatizantes mañán sábado 6 de febreiro, ò acoller o Campionato Galego Senior de Kárate.

O torneo, terá o seu punto álxido dende media tarde, atraerá ós principais clubes galegos tanto á modalidade de kata (demostración) como kumite (loita). E, como non, a asociación deportiva Do Coto estará presente, tralo último torneo comarcal no que se alzou con 17 podios.

No hay comentarios :