domingo, 31 de enero de 2010

¡ ALA ! , A TOMARNOS UN "COPAKO" UNHA VEZ MÁIS


"O modo de dar unha vez no clavo é dar cen veces na ferradura" (Miguel de Unamuno). Así podese resumie o noso idilio coa copa . Unha sorte que manexamos á perfección logo dos partidos (levantar copas), parece que nos é esquiva á hora de participar no torneo do K.O. . Non chega ás cen veces , pero xa comenza a ser unha costume endémica no noso equipo , a de quedar ás primeiras de cambio na copa .
Ó dominio constante dos nosos , que contaron con varias ocasións claras para abrir o marcador , quedou anulado co primeiro tiro á porta dos visitantes , cun disparo dende fora da área que sorprendeu o bo de Juan . Comenzaron entón as dubidas , e eles viñeronse un pouco arriba , equilibrandose máis o encontro ata o descanso . Logo da brebaxe , esta vez foi Caporro quen puso a disposición dos sufridos xogadores o etílico balsamo , que pareceu dar folgos ós de Cobas , saindon a polo empate , e metendo ós de Noia no seu campo . Era cuestión de tempo , que chegase logo de tres encontros o gol , e foi Iván o encargado de rompela racha negativa .
Seguiuse tentando finiquitalo encontro , e incrementouse a presión , pero noutra das escasas aproximacións á nosa meta , chegou nunha falta de entendemento entre Juan e Pitu o segundo deles .
Alfonso sería o encargado de restablecer as taboas no marcador , ainda se dispuso dalgunha ocasión máis para adiantarse , pero finalmente o empate foi o resultado final . Logo na loteria dos penaltis , pasou o de costume , e para a ducha ,  logo ó Rufino a dar boa conta duns suculentos pinchos . Hai foi donde , unha vez máis as copas si que se nós derón á perfección .
O Presidente e o Director Xeral deben tomar cartas no asunto ante unha suposta falta de actitude que se está a percibir en certos encontros . Na copa xa non hai solución , pero na liga ainda queda marxen para deixar ó equipo donde merece estar . "Sin fe podese perder un xogo cando xa está casi gañado" (Paulo Coelho) .

1 comentario :

ponte dijo...

digamos que o noso está claro, non nos vai a copa, o que sí non hai quen nos gañe no terceiro tempo, e coa nova incorporación aínda máis, ese icono do futbol e do viño o auténtico "pirroto", esperemos que o seu rendimento no campo sexa polo menos a quinta parte do que da nas tabernas