sábado, 19 de septiembre de 2009

DERRADEIRA PROBA

Xa estamos en capilla , o próximo sábado comenza a liga 09-10 . Poucos encontros de pretemporada para acoplar ós novos integrantes , a axitada vida social dos membros dos veteranos ,fixo que o mister non contase co rodaxe desexado antes da cita do vindeiro sábado .
No amistoso deste sábado presentábamos moitas baixas , algo que vai ser unha tónica durante o mes de outubro , ainda así gañamos 4 a 5 con 3 goles das novas incorporacións Mario 2 e Manolo 1 , e 2 do incombustible Suso .
Se nos atemos ós resultados todo parece marchar sobre rodas , con duas victorias ante Alambique e Boqueixón , pero esto pode facer que caiamos nunha falsa euforia , xa que a verdadeira proba de fogo comenza o 26 ,e cada ano a liga volvese máis competitiva .
Agora ben parece que os Mario , Iván , Manolo e Óscar están a integrarse rapidamente e a saber cal é o verdadeiro espíritu deste equipo .
Polo que parece presentase unha tempada animada , donde esperemos practicar o bo fútbol que nos carecterizou en moitos encontros das campañas pasadas , e como non , que sigamos mellorando no chamado "terceiro tempo" , ainda que neste último aspecto temos un listón dificil de superar .

No hay comentarios :