jueves, 24 de septiembre de 2009

3 DÍA DA BICI EN NEGREIRA E BIKE TRIAL

O vindeiro sábado día 26 de setembro celébrase o terceiro día da bicicleta de Negreira. A concentración dos participantes será ás dez na explanada do instituto Xulián Magariños . O uso de casco será obrigatirio . Está prevista a saída dos máis pequenos para as 10:30 e percorrerán 1200 metros Os maiores comenzaran apedalear ás 11:00 e faranno durante 10.000 metros . Haberá un refrixerio , así como unha camiseta de recordo , para tódolos participantes . Anotarse os interesados na delegación de cultura e deportes do concello de Negreira organizadora do acontecimiento, ou no teléfono 981885886 .
Como ven sendo costume dende a primeira edición , un numeroso grupo do Negreira veteranos formara parte desta serpe multicolor .
Xa pola tarde , e organizado pola Asociación de festexos de Negreira , terá lugar na pista do Coto un cursiño e unha exibición a cargo dos famosos e laureados Dani Comas e Cesar Cañas  . De 5 a 7 terá lugar o cursiño , no que  poderán participar todos aqueles rapaces de entre 8 e 10 anos e que se anoten , dirixindose ou chamando ó mesmo lugar que para o día da Bici , e previo pago neste caso de 5€ , que darán dereito o mencionado cursiño e a unha camiseta . Finalmente terá lugar o momento dexesado por tódolos amantes deste deporte, que poderán disfrutar coa maxia sobre a bici , que van a outorgarnos tanto Dani como Cesar . Sen lugar a dudas un día de moito pedal , coincidindo co comenzo da liga en División de Honor de veteranos , co debut do Negreira en Cepelo contra o Boqueixón ás 17:30 . A oferta , como vedes é amplia , a desfrutar logo do que máis vos agrade .

No hay comentarios :