lunes, 6 de julio de 2009

NOVAS DA S.D.

A S.D.Negreira comenza a prepara a tempada 09-10 , e dende aquí tentaremos facer un seguimento a tódalas novas que se vaían producindo no entorno do clube roxillo .
Logo da confirmación do central do Negreira veteranos , Julián , como adestrador da S.D. por segunda tempada , agora chega o momento de ir confeccionando o plantel. Renovados o porteiro Albor e o interior Colón , falta confirmar o futuro do capitán Óscar Vidal , de Adrián e de Orlando , ós cales dende aquí desexamos sigan no equipo do Val de Barcala un ano máis para poder disfrutar do seu fútbol no García Calvo.
As caras novas polo momento son a de Munín e Alex Blanco central e dianteiro respectivamente e ambos procedentes do Compostela , e dos xuvenis de División de Honor do Deportivo chega o defensa central Rendo . Así pois Julián comenza a poñer os mimbres do que será o seu equipo para a temporada que vai comenzar .
ALEX BLANCO : Nado o 25 de xullo do 87 ,iniciouse no Rosalia de Castro , onde estaría 4 anos , logo pasou o Conxo xogando en División de Honor e na Galega ,aquí estivo dúas tempadas para fichar polo Compos no que estivo tres anos na Nacional galega e na Preferente , foi cedido ó Dubra por dúas tempadas nas cales marcou 35 goles e foi recuperado o ano pasado por Baleato para o Composonde xogando 21 encontros e marcando 3 goles . Pode xogar tamén de extremo pero é de dianteiro onde se atopa máis cómodo . Mide 1,84 e pesa 84 kilos .

MARCOS MARTINEZ (MANÚ) : Nado o 30 de Marzo do 82 , xogou no Conxo e foi fichado polo Compos onde estivo as últimas cinco tempadas . Na 06-07 xogou 33 encontros e marcou 1 gol , na seguinte xogou 22 partidos e marcou 2 goles , e na 08-09 marcou 2 goles nos 16 encontros que disputou .





RENDO : Titular nos xuvenís do Depor , onde está dende fai catro anos , logo de iniciarse no Conxo nexo común ós tres novos xogadores da S.D. . Sorte ós tres na súa nova andaina polo Val de Barcala .

1 comentario :

Anónimo dijo...

agardemos que estes fichaxes da SD Negreira lle veñan ben, e que lle sirva a directiva dos veteranos e que non esquezan que no se vive de contos nas tabernas, detrás deste equipo emblemático hai unha afección que desexa títulos, e teñen que configurar un equipo competitivo, e non ir a praia a tostarse.