Foron cerca de medio millar de participantes os que tomaron parte nas distintas carreiras programadas, dos que 331 finalizaron a carrera absoluta.
Sobre un circuito bonito con certa esixencia, os participantes da carreira absoluta emplearonse a fondo. Non tanto a vencedora absoluta, a atleta do Ría de Ferrol Chus Valiño, que non tivo problemas para gañar con suma autoridade. Valiño sacoulle casi catro minutos á segunda clasificada, Carmen Pilar García, do Estadio Gijón, quedando terceira na meta a atleta do Veteranos Pabellón Begoña Doniz.
Estivo entretenida a cabeza da carreira da proba absoluta masculina, na que ó principio puso o ritmo o portugués Elisio Lopes, que tivo que ceder a mitade da carrera ante os dous atletas máis fortes, o do Ourense Academia Postal José Marquez e o que á postre foi o gañador, o triatleta de Negreira Luis Calvo, que no tramo final non quiso complicacións e cobrou uns metros de ventaxa sobre o seu máis directo rival pola victoria. Por detrás, e facendo unha carrera de menos a máis, entrou terceiro o atleta alaricano do Adas Víctor Conde, por diante de outro atleta de Negreira, Jorge Crespo, cuarto .
Pero tamén as terras galas sentiron a forza do nicrariense :

No hay comentarios :
Publicar un comentario