jueves, 25 de junio de 2009

FÚTBOL 6 NEGREIRA 2009

Un ano máis o noso equipo ven de participar no maratón de fútbol 6 vila de Negreira , nesta segunda edicción organizado pola sociedade deportiva Negreira.
O calendario fixo que na primeira fase , unha liguilla por grupos , nos tivésemos que enfrontar a Hoot Bulls no encontro de debut , e os que gañamos claramente por 9 a 0 . Para no segundo vernos as caras con un dos "gallitos" do trofeo , que non era outro que Mármoles Quintáns (na foto ambos equipos) , o encontro saldouse cun 2 a 4 para os de Quintáns , que souperon remontar a ventaxe acadada no marcador polo noso equipo . No derradeiro partido Funeraría Dubra caía derrotada por 2 a 0 , esto nos daba o pase á seguinte fase como segundos de grupo por detrás de Quintáns .
En oitavos o destino xogounos unha mala pasada ó poñernos no camiño do á postre campión do maratón , este non foi outro que O Galeón , que nos endosou un claro 8 a 1 , e logo tamén das numerosas baixas que sufrimos na xornada domingueira , e é que os sábados seguen facendo extragos nas nosas filas .
O primeiro do noso grupo , atoparíase en cuartos co outro finalista , que foi R.Ribadavia , derrotado na final polo xa mencionado Galeón , logo da tanda de penaltis , xa que o encontro rematará cun 2 a 2 .
O terceiro posto sería para Bodegón Gonzaba , co cal algúns dos veteranos están a facer unha grande amistade logo do ocurrido no maratón de Ons do fín de semán pasada . E cuartos foron S.Cristobal trala derrota por 8 a 3 cos de Gonzaba .

No hay comentarios :