miércoles, 13 de mayo de 2009

BRONCE GALEGO PARA LUIS CALVO

O pasado domingo 10 de Maio celebrouse en Ourense o campionato galego de duatlón , onde destacou o atleta de Negreira Luis Calvo ó subir o podium .
A proba comenzaba cunha carreira de 5 kilómetros na que Luis fixo un tempo de 0:15:47 ,acadando a terceira praza , logo colleu a bicicleta durante 20 kilómetros cun crono de 0:33:56 , baixando nesta oportunidade á praza 27 , finalmente volta a correr uns 2,5 kilómetros finais , nos que foi o máis rápido de tódolos participantes cun tempo de 0:07:56 . Ó remate da proba acabou cun tempo total de 0:57:38 a 0:01:23 do gañador da mesma Oscar Vicente nada máis e nada menos que o actual campión de Europa Júnior, e a tan so un segundo do subcampionato que finalmente foi para Jesús Gomar valenciano que corre para Galicia .
A aportación de Luis e os seus compañeiros de equipo fixo que o clube para o que él corre ,o Bricosa Arcade , acadara o subcampionato por equipos .

No hay comentarios :