domingo, 26 de abril de 2009

RESULTADO DE LUIS CALVO NO NACIONAL DE DUATLÓN


Luis participou este domingo no campionato nacional de duatlón celebrado en Vigo .
Acadou a posición 39 con un tempo total en meta de 1:59:50 , a 6:30 do gañador da proba .Na primeira parte , correspondente á carreira cunha distancia de 10 Kilómetros marcou un tempo de 0:32:04 , chegando na posición nº 19 . Logo collería a bicicleta para percorrer 40 kilómetros , sendo o 40 nesta disciplina, con un tempo de 1:11:01 . Finalmente volta a correr 5 kilómetros parando o crono en 0:16:45 e sendo o número 26
Noraboa a Luis , logo desta gran participación no nacional e os recentes 9º posto en Gijón , e 1º en Santiago e Monforte , está a deixar o pavillón da nosa comarca moi alto ala por onde vai . Esperamolo seguir vendo como na foto no máis alto do podium por moito tempo .

2 comentarios :

javier dijo...

esos parcias nun campeonato de españa só os fai un superclase como pode ser luis!

Impresionante o de ese home!

Saudos

chorima dijo...

Noraboa Luis e ánimo CAMPEÓN.