viernes, 17 de abril de 2009

Os alevíns das escolas deportivas novos campións

O equipo alevín das escolas deportivas de fútbol sala do concello de Negreira ven de proclamarse campión do seu grupo de deporte en idade escolar, como xa o fixera recentemente o equipo prebenxamíns . 5 victorias e tan so unha derrota ante o conxunto de Brión , lle dan este campionato no que marcou un total de 32 goles e encaixou 17 .
Os benxamíns do equipo A e os do equipo B ,seguen a estela dos xa campións , e a falta da disputa de catro encontros teñen ben encarrilada a liga para poder acadar o campionato e subcampionato respectivamente .

No hay comentarios :