miércoles, 28 de enero de 2009

XORNADA 15

Maderas Ramos 0 - Negreira 0
Ante a ausencia do noso cronista oficial neste encontro , teño que tentar suplilo na súa crónica o mellor posible .
Xornada en principio nada propicia para os intereses do Negreira na súa visita a Calo moitas baixas , compromisos e lesións , fixeron que a vella garda pretoriana tivese que tomar parte neste encontro , co risco que iso supón pola falla de ritmo de competición de algúns deles . Pero a pesar do empuxe inicial dos locais con control do medio campo e saídas con balóns en longo ós interiores o partido foi tomando outros derroteiros .
A disposición táctica de Cobas sorprendeu a todos , atopou o seu Mariscal de campo en Julián o cal ordeou dende a defensa tanto a súa zaga como ó centro do campo , e pouco a pouco o equipo foise asentando no terreo de xogo . O esférico deixou de ser patrimonio exclusivo dos de León , e o fenómeno metereolóxico dunhas horas antes denominado "cicloxénesis explosiva" , tamén pasou por Calo na persoa de Nando , este comenzou a poñer o ritmo de partido que el dexesaba en cada momento , saídas rápidas con Paco ou Alfonso por banda se era preciso , control e volta a comenzar se así se requiría , este Quixote do balompe tivo o seu Sancho en Santi que foi de menos a máis ata rematalo encontro sendo o amo e señor do xogo .
A primeira parte foi de moito xogo en medio campo onde nos iamos facendo con él co paso do tempo . Sen ningún dos tres porteiros , tivo que ser Moreno que se colocase baixo paos , e o certo que a súa misión a cumpliu á perfeccción !!portería a cero!! , eles apenas inquietaban ó noso gardamallas que estivo en todo momento atento , e con catro dedos de frente nas suas actuacións , tan so unha única ocasión claro de gol que foi quen de atallar o "TURI" Ponte que estivo á altura das circunstancias en todo momento, pola nosa parte pouco máis que eles , unha oportunidade para Alijo , que so , non foi quen de rematar .
Chegou o descanso e un sabor a traballo ben feito apoderabase de todos nós , pero ó mesmo tempo sabíamos que polo que ben pasando na tempada , as segundas partes son o noso punto fraco , e máis o podía ser un día como este sen apenas cambios e con xente falta de ritmo , tendo enfrente a un equipo con vinte xogadores para rotar .
Pero todo pasou co pitido inicial da segunda parte , collémolo contol do partido e co paso dos minutos as ansias de victoria dos locais facilitaban aínda máis o noso xogo , ata que se chegou ata uns vinte minutos , onde se viron desbordados e onde chegaron as nosas oportunidades máis claras , a de Nando ó longueiro onde o bote dun balón nada agradecido co noso xogo fixo que iste o fixese dentro do campo e non dentro da meta por escasos centímetros , os mesmos que pouco despois lle sobrarón a Paco no seu tiro cruzado , de ahí ata o final quince minutos de empuxe local á desesperada , pero sen o gol que por segunda vez na liga deixaba de marcar nun encontro , a anterior vez fora contra o Peña Navegante , un equipo que está xa na pomada e que está moi forte neste comenzo da segunda volta .

1 comentario :

Anónimo dijo...

Non foi mal resultado tendo en conta que se xogou cun porteiro de nove dedos. Agardando que este resultado dea novos folgos e se inicie a escalada a postos comodos da táboa