jueves, 26 de junio de 2008

TITULO PARA PESCADORES

O pasado fín de semana no concello de A Baña celebrouse un torneo de fútbol sete ,no cal unha vez máis , a boa sintonía entre o Agrón e os veteranos , veuse refrendada esta vez cunha victoria sen paliativos , ante rivais de gran entidade . O equipo que xa acadou con anterioridade importantes trofeos como o de Corneira ,e que agora suma un máis co de A Baña, non é outro que o de PESCADORES
Figuraba no plantel ilustres Agronistas como Diego Maroñas , o cal se lle está a notar o magnifico estado de forma que acadou a tempada que está a rematar , sin duda un xogador recuperado para o fútbol.Mendizabal , o cal a pesar dos seus problemas co adestrador este ano ,e de ter pouca continuidade no xogo , demostrou unha eficacia cara o gol decisiba para o equipo. David , que ten unha man prodixiosa non estivo en ningún momento próximo a súa portería polo que esto foi decisivo o final do torneo .Juvenil aportou ante todo seriedade e puntualidade sobre todo o 1º dia pola tarde onde a súa actuación foi determinante . Chito aportou frescura , saber estar e aplomo nos momentos dificiles ,digno de destacar foi o seu desgaste físico ante a máquina do Cotón .
Por parte veterana estiveron Suso que deixouse todo no campo sobre todo pola noite, Moreno que demostrou unha vez máis que as ofertas que chegan cada ano a nosa Secretaría , por él non son fruto da casualidade .Santi que podemos comentar deste portento físico , sin él serían un menos .Javier onde está a mafía todo pode pasar , e xa se está a comentar que o triunfo foi fruto de certas artimañas desta personaxe tan problematico e tan querido.
Completaron o plantel dous dos nosos peñistas como son Paco e Juanín que estiveron moi acertados en todo momento . E o porteiro traido para este campionato que está a sonar moi forte , como gardamallas para esta tempada dun equipo próximo á capital barcalasa.
Por certo chegaronnos noticias dende a organización , do seu bo comportamento dentro e fora do terreo de xogo , sobre todo fora onde non escatimaron esforzos ,nin recursos, para ser tamén os primeiros á hora de incrementala recaudación do bochinche dos organizadores . Outros torneos dos arredores , están a sopesar de invitalos os seus campionatos .
Destacar como non podería ser de outra maneira que outro veterano e alma mater deste equipo que é pescadores , e que non é outro que Ponte tivo que ser recluido na illa de Ons , e non poido participar no torneo , esto veu imposto por un acordo tácito entre a súa "representante" e Javier , como premisa para que esta vexa con vos ollos a continuidade de Ponte un ano máis nos veteranos.

No hay comentarios :