Tralos triunfos acadados en Padrón como certificamos nunha entrada anterior , non deixan de chegarnos novas de éxitos como o de Luis Calvo que o pasado día 30 de Marzo formou parte da selección galega de Duatlón que acadaou a victoria final no campionato de España desta especialidade por comunidades autónomas.A súa actuación foi importantísima sendo o 5º galego en cruzala meta e o 38 da xeral cun tempo de 59:36 .
Nesa mesma data pero a moitos kilómetros de distancia , desenrrolabase a carreira popular de Ordés , onde na xeral absoluta Jorge Crespo Arias acabou a posición nº20 cun tempo de 32:59 . En cadetes Mohamed Fatallah foi 3º con 11:21 . En infantís forón 6ºDavid Ardións Gómez 12:31 , 8ºRoque Valledor Mera 12:43 e 10º Alberto López Torreiro 12:57 .Nos alevíns Xoán Vites Cajuso foi 13º con 3:06 . E finalmente en prebenxamíns Martín Darriba Crespo foi 3º cun tempo na súa proba de 1:14
Neste fín de semán , participarón moitos deles , na V Pedestre de O Pino sendo Mohamed 2º en cadetes deixando o seu crono en 10:18 . Pero os mellores resultados chegarían en prebenxamíns onde Martín Darriba foi 1º cun tempo de 2:01 e Javier López 2º con 2:11
No hay comentarios :
Publicar un comentario