miércoles, 17 de octubre de 2007

VETERANO , SOBERANO E FUNDADOR

Recentemente un mal entendido despertou unha certa polémica , co noso cronista oficial . Cunha mesaxe que eu publiquei pusose un pouco de luz no asunto e o mal entendido foi clarexado . A resposta non se fixo esperar por parte da persoa que se sentiu aludida , que manifestou a súa mal interpretación do publicado . O noso comentarista deu a súa explicación tamén , e así se reflexa no apartado de comentarios. Ben porque este apartado ,onde se fan os comentarios, pode pasar ás veces desapercibido , ou ben pola significación que fai do espírito dos veteranos e das súas crónicas , non podo deixar pasar a ocasión de publicar este comentario : Sinto realmente a polémica creada pola publicación da crónica do partido xogado entre o Negreira e o Cuntis. Dende logo podo afirmar sin temor a enganarme que a filosofia do noso equipo é sempre a de tender pontes entre tódolos equipos e de fomentar a solidariedade entre todos nós. Evidentemente a ninguén se lle escapa que na categoría hai clubes que caen mellor e outros que caen peor e dende logo coido que o Cuntis se engloba no primeiro grupo sen lugar a dúbidas. Ao mesmo tempo podo afirmar rotundamente que a creación do noso blog supoñeu un antes e un despois no que atañe á implicación dos socios do noso clube. Este foi un dos factores da conversión dun mero clube de fútbol nunha sociedade deportivo-cultural cunha fidelización dos socios que ningúen pensou que puidera producirse. Entre os obxectivos que perseguimos está o compromiso co clube pero tamén, como dixen, a solidariedade cos demáis clubes da categoría e a colaboración en tódolos ámbitos. Creemos firmemente que a difusión dunha serie de valores é fundamental para darlle valor a unha categoría que hai uns anos estaba dominada por uns poucos e que agora pasiño a pasiño está a democratizarse. A miña achega ao noso blog supón un pequeno gran en todo o noso engranaxe e dende un principio a miña guía foi a da estimulación sá entre os membros do equipo, ás veces incluso con pequenos dardos envenenados aos compañeiros. Esta liña, lexos de pretender nin producir en ninguén marxinacións ou malestares, ao contrario deu pé a piques saudables entre todos e incluso fomenta a unión entre todos. Polo tanto, en ningún momento estaba no meu ánimo despreciar a ningún xogador do Cuntis en particular nin ó equipo en xeral, ao que por outra parte consideramos un clube amigo. Se alguén se sentíu agraviado por algún comentario, pido disculpas pero quero insistir en que o obxectivo desta sección non só é a de difundir o resumo do partido senón a de poñer un pouco de "picante" no asador. Quen non o entenda así, sinto moito.
Un saúdo. (BASANTE)

1 comentario :

Anónimo dijo...

Querido señor Basante; fun eu o quen nun intre un tanto quente e no que sentín o meu amor propio un tanto tocado respondín ó comentario do partido. Rógolle disculpe a miña mala interpretación, como comprenderá con 30 anos son un dos novatos nesta categoría de veteranos; este é o meu terceiro ano xogando no Cuntis e a verdade é que, a pesares de xogar ó futbol en anos anteriores, nunca vivín unha experiencia coma a de veteranos. Non lle vou a mentir, gústame gañar coma o que máis e creo que me deixei levar no momento de responder ó seu comentario; espero saiba disculparme e entender o impulsivos e, ás veces, ignorantes que somos os xoves. Saiba que dende agora terá un asiduo lector dos seus comentarios. Agardo velo no partido de volta. UN SAÚDO.