martes, 3 de abril de 2007

Negreira celebrará a sua primeira duatlón escolar o 14 de abril

O concello de Negreira organiza o primeiro duatlón escolar da localidade, que terá lugar o próximo día 14 e será clasificatorio para o campionato provincial desta disciplina.
A competición terá lugar xunto ó campo de fútbol do concello e as probas darán comenzo a partir das once e media da mañá.
Para esta primeira edición estableceronse tres categorías: alevín, para os nados entre 1995 e 1996; infantil, de 1993 a 1994; e cadete, nados nos anos 1991 e 1992. Os horarios para cada categoría serán 11.30 horas, 12.00 horas e 12:45 horas, respectivamente.
As distancias a percorrer para os alevíns serán de un kilómetro de carreira, tres de bici e de novo 500 metros de carreira. Os infantís terán 1.500 metros de carreira, 6 kilómetros de bici e 750 metros de carreira, mentras que os cadetes correrán durante dous kilómetros e pedalearán nove, para rematar cunha carreira de 1.000 metros.
A inscripción na competición é gratuita e pode facerse nos colexios e institutos municipais. O único requisito atañe ó material. É imprescindible aportar bicicleta e casco.

No hay comentarios :