lunes, 18 de abril de 2016

VISEXIMA SEXTA XORNADA DE LIGA

Despois do fin de seman pasado, onde houbo o parón de Liga pola disputa dos partidos, correspondentes os oitavos de final da Copa, retomariamos a disputa dunha nova xornada da competición doméstica.
Salientar que este cambio, dunha semán a outra, de competición, non nos sentou nada ben, e despois da visita o campo do Calo, para xogar contra o Clube USC, colleitamos o que sería a primeira derrota como visitantes no que vai de segunda volta e así non aproveitar o tropezo do segundo clasificado para achegarnos a dita posición.
Polo que, despois do pitido final do colexiado, o marcador final sería de:
CLUB USC 2 - 1 NEGREIRA VETERANOS
Os integrantes do plantel que se desprazadon ata Calo foron: NANDO (que estaría debaixo dos paos) ALEX, DAVID, PONTE, GOLAN, AIRES, ALBERTO, SANTI PONTE, VIDAL, LUCKY, CHITO, PENA, MORENO, LIVI, IVAN e ALIJO.
GOLEADORES: Moreno
ASISTENCIAS: -

A proxima xornada recibiremos como locais o equipo do Amio Vet. Dep. Caneda.