lunes, 15 de febrero de 2016

VISEXIMA XORNADA DE LIGA

Nun sábado non moi apacible polas condicións climatolóxicas que se deron durante todo o día (un forte vento, un frio que se che metia nos osos e unha choiva, que debido a dito vento, restaba visibilidade) para a disputa do deporte rei (ainda que calquera outro que se disputara o aire libre) tivemos que viaxar ata Cabaleiros (Tordoia) para render visita o equipo local de Tordoia Veteranos.
A pesares das condicións mencionadas anteriormente, que dificultaba o xogo de ambos equipos, e que facia que se poidera decantar a victoria para calquera dos dous bandos, colleitamos unha nova victoria que fai que entremos nunha dinámica de catro partidos sumando os tres puntos e así auparnos (debido a aplazamento do partido do segundo clasificado ata ese momento) a segunda praza da táboa clasificatoria.
Polo que, despois do pitido final do colexiado, o resultado sería de:
TORDOIA VETERANOS 1 - 3 NEGREIRA VETERANOS
Os xogadores que participaron no encontro foron: JUAN SOUTO, MORENO, ANDRES, PONTE, GOLAN, NANDO, DAVID, VIDAL, IVAN, ALBERTO, AIRES e ALEX.
GOLEADORES: Aires, David e Golan.
ASISTENCIAS: -

A nota negativa do encontro, veu dada a raíz dun encontronazo de Alberto con David, que fixo que o primeiro quedase drogui e tivera que ser evacuado en ambulancia, pero podemos das grazas a que todo quedou nun susto e agora mesmo, despois de pasar unhas horas en observación, estase a recuperar no seu domicilio. Dende aquí mandarlle todos os ánimos posibles i esperamos a súa pronta volta os terreos de xogo.

A próxima xornada recibiremos, como locais, o equipo do Terra de Xallas.

No hay comentarios :